PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2015/2016.

Dende o día 2 ao 23 de Marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión de alumnos e alumnas para o vindeiro curso 2015/16.

Os impresos poden ser recollidos nas diferentes escolas do centro (Leiro, Lois, Ribadumia e Sisán), na sede do Cra en Leiro ou a través da páxina web da Consellería de Educación; premendo AQUÍ .

Dende o  24 de Febreiro permanecerán expostos nas portas das escolas os postos vacantes para o vindeiro curso en cada escola.

Cada alumno/a poderá presentar unha única solicitude no Centro no que solicita praza en primeiro lugar, ADVERTINDO que a infracción de presentar solicitudes en varios centro determinará a perda dos dereitos de prioridade que lle poidan corresponder.

A solicitude (ANEXO II), irá acompañada da fotocopia do libro de familia e unha fotocopia do DNI do neno/a (se o ten).

A lexislación na que se basea o proceso de admisión atópase no Decreto 254/2012 do 13 de decembro (DOG do 26 de Decembro) e na Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo) 

VACANTES PARA O CURSO 2015-2016 (Mirar adxunto) 

INFORMACIÓN MATRÍCULA 2015/2016 (CALENDARIO). (Mirar adxunto)

 

 

O ENTROIDO

O venres, celebramos na escola de LOIS, a festa de entroido do CRA. 

Alí coa temática de AUSTRALIA, todo o alumnado disfrutou de diversos obradoiros: plástica ( elaboración dun antiface), un contacontos e xogos. Despois realizamos un desfile e baile de disfraces. Tamén degustamos unha saborosa merenda típica de entroido coa que colaboraron as familias e a ANPA. 

A escola de Lois disfrazouse de ABORIXES.

A escola de Leiro disfrazouse de KOALAS.

A escola de Sisán disfrazouse de EMÚS.

A escola de Ribadumia disfrazouse de CANGUROS.

 

                                  

 

GRAZAS a todos pola vosa colaboración. 

 

Celebramos a Festa dos Maios

 

Hoxe estivemos de festa no CRA de Ribadumia xa que celebramos a Festa dos Maios. Na programación que tiñamos prevista, había un plan B por se chovía e.... choveu sen parar.

Non puidemos subir camiñando polo monte a visitar o Monte do Castro, pero estivemos toda a maña facendo obradoiros e talleres para decorar o Maio.

Realizamos cadenetas con margaridas, pintamos unha flor, estivemos na biblioteca lendo libros sobre a primaveira e na aula de informática estivemos vendo algúns videos con cancións dos maios.

 

Despois de ter vestido ao Maio, cantamos todos arredor del e para finalizar a festa tivemos a visIta do grupo ALECRIN, que un ano más e desinteresadamente, acudiu a nosa chamada e veu a facer unha actuación cos nosos nenos.

O claustro ao completo quere agraceder, unha vez máis, a colaboración do grupo ALECRÍN nas festas do noso Centro. Gracias.

Se queredes ver o ben que o pasamos, clicade AQUI

PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2013-2014

 

Dende o día 5 ata o 17 de Abril de 2013 permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión de alumnos e alumnas para o curso 2013/14.

Os impresos poden ser recollidos nas diferentes escolas (Leiro, Lois, Ribadumia e Sisán), na sede do CRA en Leiro ou a través da páxina web da Consellería de Educación clicando AQUÍ.

Dende o 4 de Abril permanecerán expostos nas portas das escolas os postos vacantes para o vindeiro curso.

Cada alumno/a poderá presentar unha única solicitude no Centro no que solicita praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que lle poidan corresponder. A solicitude irá acompañada da fotocopia do libro de familia (páxina onde figura o neno ou nena e o orixinal).

A lexislación na que se basea o proceso de admisión atópase no Decreto 254/2012 do 13 de decembro (DOG do 26 de decembro) e na Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo) 

 

Comeza o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra 2013: "A toda Máquina"

Do 2 ao 23 de marzo de 2013 poderedes disfrutar do XIV Salón do Libro Infantil e Xubenil de Pontevedra, co tema "A toda máquina", no Pazo de Cultura de Pontevedra.
Os horarios son de luns a venres (de 17:00 a 20:30 horas) e os sábados e domingos (de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:30 horas)
Hai actividades para toda a familia, desde contacontos, teatro, obradoiros...para os máis pequenos ata roteiros e máis actividades para os maiores.
Este ano, como novidade poedes disfrutar xogando no ESPAZO WII, onde teredes consolas WII de nintendo para xogar nos diferentes concursos e torneos.
Os actos comezan o sábado 2 de marzo, pero como é un programa moi completo, podedes consultalo na súa totalidade na seguinte imaxe:

Nova recollida de TAPÓNS

Unha vez más no CRA de Ribadumia mostramos o noso lado máis solidario e iniciamos unha nova recollida de tapóns de plástico.

Se no 2012 a recollida realizouse a favor de Paula (unha nena de Boiro que naceu sen sacro), neste caso vai dirixida a un alumno do Centro de Atención a Discapacitados da Comarca de Cambados. O obxectivo e recoller tapóns suficientes para que este alumno poida conseguir un ANDADOR.

Dende o Claustro do CRA animamos a toda a comunidade educativa, veciños, amigos e a calquera que se queira unir a esta labor solidaria a traer os TAPÓNS á Sede do CRA en Leiro, onde realizaremos a recollida. Lembrade que os tapóns que se poden reciclar son os tapóns dos refrescos, das botellas de auga así como de tetrabriks, champús, tapas das cremas...

 

COMEZAMOS A RECOLLIDAAAA!!!

Grazas a todos pola vosa colaboración.

 

Entroido con Félix na "Sabana africana"

Este venres celebraremos o entroido no CRA de Ribadumia. Se o tempo o permite realizaremos un desfile polas aldeas próximas á Sede do CRA en Leiro e se chove... organizaremos talleres na sede.

Este ano o tema dos disfraces está relacionado co proxecto "Cartas de Félix",aproveitando que esta de safari en África.... pero non contamos máis. Os que queiran saber o guapos que estaremos que se acheguen ao cole para comprobalo

Tamén realizaremos unha merenda cos produtos típicos destas datas, que nesta ocasión os traen os nenos de 3 anos.

Animádevos a vir!!!

Visitamos o Belén de "Chuco"

Un ano máis os nenos e nenas do CRA puidemos visitar o belén de Chuco, grazas a colaboración co concello, que puso os autobuses á nosa disposición e a amabilidade de Chuco, que volveu abrir as portas da súa casa para todos os alumnos.

Este ano o Belén medrou un pouco máis...novas figuras...nova decoración...os nenos quedaron fascinados.

Se queredes ver todas as fotos podedes visitar a Galería clicando AQUÍ

Festa de Nadal...con sorpresa!

O venres que ven, na sede do CRA el Leiro, celebraremos a festa do Nadal.

Coma outros anos realizaremos obradoiros, teremos unha gran merenda (que traen os nenos de 4 anos), achegarase o Apalpador a recoller as cartas dos nenos...pero a sorpresa deste ano e... que lle adicamos a festa a MILIKI.

Por ese motivo, os mestres estaremos disfrazados de pallasos e cada aula realizará unha representación das cancións dos famosos pallasos da tele.

Animamos a todos a vir a festa...e a cantar con nos.

CULTURGAL 2012

A Casa da Cultura Galega abre as súas portas no Pazo de Cultura de Pontevedra o 30 de Novembro, 1 e 2 de Decembro
Haberá música, literatura, cine, televisión, teatro, circo, maxia.....
Serán tres días de diversión para todas as familias.
Dende o CRA animamos a todas as familias a que fagan unha visita ao Pazo de Cultura de Pontevedra para disfrutar cos nenos de todas estas actividades.
A entrada é gratuita.
Aquí tedes o programa para consultar o horario das diferentes actividades.

Distribuir contido