MOBILIDADE SOSTIBLE E SEGURA - EDUCACIÓN VIAL (PLAN PROXECTA)

O martes 24 no C.R.A. de Ribadumia na parroquia de Sisán desenrolouse unha actividade sobre a Seguridade Vial, enmarcada no programa "Mobilidade Sostible e Segura" do Plan Proxecta.

 

Contamos coa colaboración de Paco Torres da Autoescola Barrantes para elaborar e coordinar un circuito no que o noso alumnado recorreu coma peóns, coma ciclistas, cos seus patinetes ou outros vehículos infantis...

                                                                                                                                                                 

 

ESTAMOS PREPARADOS

ATENTOS ENSINANDO SINAIS

 

 

 

 

COIDADO CRUZAN PEÓNS.

 

 

CHARLA E PRESENTACIÓN SOBRE SEGURIDADE  

 

 

 

Por o cinturon de seguridade

VISITA AO COCHE PATRULLA E A MOTO DOS AXENTES DA DXT

 

 

 

 

 

Ao remate destas actividades, degustaron unha deliciosa merenda ( parte dela agasallada pola  ANPA)

 

 

Ummm, que rica

 

Despois de merendar aínda nos quedaban 2 actividades para realizar.

 

Un obradoiro de cociña e outro de plástica.

 

OBRADOIRO DE COCIÑA.

 

Cada alumno/a realizou un SEMÁFORO.

 

Ingredientes:

 

- Sobao.

- Pasta de azucre (verde, vermella e amarela)

- Auga.

 

 

 

OBRADOIRO DE PLÁSTICA

 

Creación dun carnet de conducir para nenos/as.

 

 

 

 

 

 

Con esta actividade conseguimos
que o alumnado coñeza mellor a rúa
e os seus perigos.

 

 

Queremos darlle as grazas ao persoal da DXT que colaborou co centro nesta actividade e no desenrolo do proxecto, a Paco pola elaboración e coordinación do circuito, ao concello, a ANPA.

 

Tamén nos visitou a prensa o Diario de Arousa e La Voz de Galicia, para darlle difusión a esta actividade.

 

Para ver tódalas fotos da galería relacionadas con esta actividade preme AQUÍ

 

 

 

 

 

 

 

SAÍDA Á GRANXA DE SERANTELLOS

O 2 de Maio desprazámonos ata a Granxa Escola de Serantellos en Castrelo para realizar diferentes actividades.

 

PENEIRAR

MOER, PENEIRAR E FACER PAN.

 

 


Primeiro descubriron os ingredientes necesario para facer pan.

Tódolos nenos e nenas puideron amasar o seu 

propio boliño.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

E por último o pan ao forno, para poder levalo para a casa cando marchemos.

 

 

 

 

VISITA ÁS AVES.

 

ESCOITAMOS Á MONITORA PARA SABER

COMO ALIMENTAR E ENTRAR NAS GAIOLAS

DAS AVES

 

 

 

 

 

 

 

PLANTAR NA HORTA

 

 

 

 



Plantaron xirasois, regaron as verduras e legumes que xa tiñan plantados na granxa.

 

 

 

 

VISITAN AOS MAMÍFEROS

 

OS COELLOS

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 



Despois de todas estas actividades xa chega o final da saída.

 

 

Para ver todas as fotos preme AQUÍ

 

 

 

 

 

 

 

 

SAÍDA Á FUNDACIÓN E AO CAFÉ MODERNO

O xoves 21 desprazámonos ata Pontevedra a disfrutar da actuación de MAMÁ CABRA "15 PRIMAVERAS".

 

 

Ola, ola, olaolaalaa

 

 

 

 

Glub,glub, glub, plas, plas, plas

 

 

 

 

 

 

- O TIMOTEO

- O PIRATA METEPATA

-....

 

Estas e outras cancións no concerto de Mamá Cabra.

 

 

 

Despois ao remate visitamos o museo no Café Moderno. "Arquitecturas Emocionais". Cada alumno e alumna puido experimentar con texturas, materiais (pedra, madeira, aluminio, coiro...) e diseñar a súa propia habitación.

 

Premendo neste enlace podedes ver tódalas fotos desta saída.

http://www.edu.xunta.gal/centros/craribadumia/galeria/thumbnails.php?album=220

CELEBRACIÓN DOS MAIOS

Para darlle a benvida ao Maio, o 29 de Abril todo o alumnado do C.R.A. na Sede en Leiro realizaron diferentes obradoiros e actividades durante a mañá.

As familias facilitaron as flores, pampullos, laranxas, ovos valeiros... necesarios para a elaboración do Maio.

OBRADOIROS:

 

Cadeas de flores

 

 

 

Así cosemos así así

 

 

 

 Moitas cadeas necesitamos para adornar o maio e cantarlle para que sexa florido e fermoso.

 

Obradoiro de Exper-i-ciencia, coa colaboración da investigadora Luisa Martínez.

 

Auga Salgado e Auga Doce

Preparadas para experimentar

 

 


 

 

OBRADOIRO DE PLÁSTICA: DIADEMA DE FLOR

 

 

Despois de merendar e ter moitas forzas xa chegaron as familias para entre todos poder cantarlle ao maio. Tamén estivemos acompañados polos músicos.

 

 

 

 

A saia da Carolina, o pirimpimpim, o xogo da Carrasquiña... foron algunhas das cancións coas que nos divertimos ese fermoso día.

 

 

 

 

 

Grazas a todos e todas por este gran día. 

 

Para ver tódalas fotos premer     AQUÍ

I CONCURSO DE DEBUXO DAS LETRAS GALEGAS

Este ano para conmemorar o día das Letras Galegas a ANPA DO C.R.A. DE RIBADUMIA, organizou un concurso de Debuxo para Infantil baseado en Manuel María ( escritor homenaxeado).

O DÍA 17 DE MAIO a partires das 4 e media da tarde.

Tódolos nenos/as do C.R.A. participaron polo que a sorte está botada.

Haberá os seguintes premios:

 

  • - 1º e 2º premio de 4º de Infantil (3 - 4 anos)
  • - 1º e 2º premio de 5º de Infantil (4 - 5 anos)
  • - 1º e 2º premio de 6º de Infantil (5 - 6 anos)

Ademáis sortearanse diversos agasallos.

 

 

Moita sorte a todos os participantes e que non falte ninguén.

 

 

 

DÍA DO LIBRO

Durante esta semana  nas escolas do centro celebramos o día do Libro con diferentes actividades. Entre elas o mércores nas diferentes escolas tivemos un contacontos moi divertidos grazas a Mon e Jose.

 

Chegaron con cazolas, e utensilios de cociña cheos de Ilusión, Imaxinación, Felicidade....

 

 

 

 

 

 Primeiro en LEIRO para os nenos e nenas de Leiro e Lois e despois en Ribadumia e Sisán.

 

 

 

 


O gato Lambón foi un dos contos representados neste contacontos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 




Ademáis deste conto tamén tivemos un guiñol de marionetas. Sobre a Lenda de San Xurxo.

 

 

Cociñando cociñando unha torta de nubes nos agasallaron coma postre despois deste primeiro prato "O Gato Lambón" e o segundo "A Lenda de San Xurxo".

 

 

Que rica torta!!!

 

 

 

Durante a mañá recibimos unha visita moi especial, dúas nais da ANPA trouxéronnos un lote de libros para a  biblioteca, unha cesta de prantas aromáticas e para cada neno/a unha pranta de flor vermella.

 

 

 

 

 

 MOITAS GRAZAS POLO AGASALLO, POLA COLABORACIÓN E AXUDA NAS ACTIVIDADES, PROXECTOS E CELEBRACIÓNS.

 

 

 

Podedes ver tódalas fotos da celebración deste día no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/centros/craribadumia/galeria/thumbnails.php?album=218

KID`S &US - CONTACONTOS

O venres ás 12 tivemos o pracer de participar na Sede do C.R.A. en Leiro nun contacontos protagonizado por KID`S & US.

 

Story Time: Around the World.

 

 

Todos participaron e colaboraron na actuación

 

 

 

Para ver tódalas fotos premer AQUÍ

PLAN PROXECTA: ALIMENTATE BEN (PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA)

Este venres todo o alumnado asistiu á Sede do Cra para participar no obradoiro de Ponlle as Pilas ao teu Bocata.

Dous profesores en alimentación ensináronnos o importantes que son as conservas e os peixes.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Entre imaxes e xogos os nenos e nenas comprobamos a importancia da sardiña, bonito, polvo, chocos, mexilóns ... para a nosa saúde.

 

 

Voluntarios para actividades.

 

Pasta con conservas

 

Pizza de xoubas

 

 

Croquetas de arroz con choco

 

 

 

 

Cada un escolleu os ingredentes dos que querían os bocatas. Pan e ....

 

 

 

                                                                     

Xurdiron Bocatas de Mexilón, leituga e tomate; de Mexilóns e Xoubas; de Atún e vexetais....

Montóns de combinacións que degustaron os nosos alumnos e estaban riquísimos.

 

 

 

Deliciosos!!!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Despois de tomar os Bocatas e para despedirnos destes mestres da nutrición, fixeron unha foto conxunta.

 

 

Para ver tódalas fotos premer AQUÍ

PLAN PROXECTA - EU VIAXO SEGURO

Este curso a través do Plan Proxecta estamos traballando o programa MOBILIDADE SOSTIBLE E SEGURA.

Dentro deste programa queremos por en funcionamento a actividade "EU VIAXO SEGURO", para resaltar a importancia do uso dos sistemas de retención infantil. Por iso, vos animamos a que enviedes ao correo electrónico das escolas ou do centro unha foto do alumno/a dentro do vehículo empregando o sistema de retención correspondente para viaxar seguro.

 

 

 

Agradecémosvos a vosa colaboración.

 

Ademáis podedes traballar seguridade vial da DXT no seguinte enlace

 

http://www.dgt.es/es/seguridad-vial/educacion-vial/recursos-didacticos/infancia/

 

Recursos didácticos para infancia

VISITA AO SALÓN DO LIBRO E AO MUSEO DE PONTEVEDRA

Na primeira parte da mañá os nenos e nenas do C.R.A. visitaron o Salón do Libro de Pontevedra, no pazo da Cultura.

 

Ao pouco de entrar, recibiunos alguén moi especial:

 

ORBIL (A MASCOTA DO SALÓN DO LIBRO)

 

 

 

 

 

 

Ademáis da visita pola sala de exposicións para ver os diferentes traballos dos colexios, tamén había un contacontos cunha maleta chea de contos.

 

 

 

 

 

 

 

Tamén puidemos coa axuda da monitora coñecer as peripecias dunha nena moi especial ESTRAVAGANZA PEREZ.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Ao remate da visita, desprazámonos camiñando ata o museo de Pontevedra, onde fixemos un percorrido entre cadros e esculturas.

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido