VISITA DO REFUXIO DE ANIMAIS DE CAMBADOS

O 19 de abril recibimos en Leiro a visita do Refuxio de Animais de Cambados para explicarlle ao alumnado a importancia de non abandonar os animais, das necesidades e  coidado das mascotas e de como adoptar ou colaborar con eles.
 
Esa mañá fixemos unha recollida de productos: de hixiene, alimentos, sanitarios... que precisan no refuxio.


PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA

 

 




O 19 de abril o alumnado do C.R.A. de Ribadumia na Sede en Leiro participou no obradoiro de "Ponlle as pilas ao teu bocata" a través do Plan Proxecta coa colaboración da Consellería do Mar.
Este obradoiro comezou cunha presentación sobre a importancia de comer conservas e verduras, a continuació; disfrutamos dun conto interactivo e para rematar elaboración de bocadillos ( de sardiña, chipirón, mexillóns, atún, leituga, tomate, zanahoria, aceitunas...).

 

 

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS CURSO 2018/2019

QUEDAN ADMITIDOS TODO O ALUMNADO QUE PRESENTOU A RESERVA DE PRAZA NO CENTRO.

ANTES DO 15 DE MAIO SAIRÁN AS LISTAXES DEFINITIVAS.

COMPROBALO NOS ARQUIVO ADXUNTOS

ADMISIÓN ALUMNADO NOVO CURSO 2018/2019

Dende o día 1 de marzo ata o día 20 de marzo, podedes reservar praza no noso centro educativo.


Podedes recoller a documentación nas escolas, na sede do CRA en Leiro, na páxina web de admisión de alumnos.


Para crear a solicitude na páxina web podedes facelo dende o seguinte enlace:


https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/SolicitudeAdmision-execute.action


ANIMÁDEVOS A SER MEMBROS DO NOSO PROXECTO EDUCATIVO.

DÍA DO VOLUNTARIADO

Hoxe para celebrar o Día do Voluntariado, asistimos á Cidade da Cultura; alí esperábannos unhas persoaxes moi especiais para o noso alumando: OS BOLECHAS!!!

 
 
Os Bolechas presentaban a súa guía "Os Bolechas aprenden a ser persoas voluntarias".

 

Cada centro educativo asistente traballa en Voluntariado ou axuda aos demáis. Agasalláronnos cunha das súas guías e o carné de voluntario.
 
Participaron nun concurso de debuxo e temos que darlle os parabéns a LOIS (RIBADUMIA), DAVID (LOIS) e DANIEL (LOIS).
 
Podedes ver imaxes desta xornada:
- Na CRTVG.
- Tamén AQUÍ  e neste enlace: https://es-es.facebook.com/osbolechas

 

OBRADOIROS ESCOLA GALEGA DE CONSUMO

O luns 4 de decembro na Sede do C.R.A. en Leiro, todo o alumnado participou nos obradoiros sobre o consumo responsable que nos proporcionou a Escola Galega de Consumo.
 
Dende a primeira hora estivo realizando obradoiros sobre: a pirámide de alimentos, consumo responsable e a elaboración dun xoguete.
 

 

 
 

Saímos na prensa AQUÍ

1ª CARREIRA POPULAR SOLIDARIA

A A.N.P.A. do C.R.A. de Ribadumia organiza para o vindeiro mércores 6 de decembro unha carreira popular solidaria. Só hai que colaborar con productos de hixiene infantil.
Dende o C.R.A. animamos ás familias a que participen nesta xornada divertida para maiores e pequenos/as.
Neste cartel tendes toda a información:
 
 
 



VOLUNTARIADO MIÚDO: CAMPAÑA RECOLLIDA DE TAPÓNS.

Unha vez máis, enviamos unha nota informativa as familias sobre a campaña de recollida de tapóns para a Fundación Amigos de Galicia, podedes deixalos na Sede do C.R.A en Leiro.


AQUÍ deixamos o enlace desta campaña, para ver a labor como se logra axudar a pequenos heroes con estes tapóns solidarios.


VOLUNTARIADO MIÚDO: CAMPAÑA DE NADAL RECOLLIDA DE XOGUETES

Esta semana traballando a prensa na escola, atopamos unha nova relacionada co Nadal e a solidaridade.


A Fundación Amigos de Galicia precisa a vosa colaboración para que ningún neno/a quede sen xoguetes este Nadal.

Aquí vos deixamos a información para ver o contido desta campaña e podedes deixar os xoguetes nas escolas do C.R.A.


Como vimos realizando en anos anteriores, durante as datas de Nadal entregamos entre todos os menores que atendemos un agasallo para que ningún/ningunha neno/a perda a ilusión nestas datas tan sinaladas. 
 
NOS FALTAN 1.063 XOGUETES  POR CONSEGUIR para poder cumprir o obxectivo de poder  entregar a cada un dos menores que atendemos un regalo. 
 
Se estades interesados/as en doar xoguetes novos para estos/as nenos/as podedes entregárnolo na nave de Vilagarcía de Arousa ) Avda. López Ballesteros, 9), nas oficiñas de Santiago de Compostela (Avda. de Lugo, 115) ou na oficiña de Ourense (Avd. de Portugal, 59). 
 
Todos os xoguetes novos que nos entreguedes, irán directois ao árbore destas familias. Porque entre todos podemos facer que ningún neno/a se quédese sen xoguete neste Nadal. 

CULTURGAL

 

Programa infantil e familiar 2017 xa dispoñible



O 1, 2 e 3 de decembro podedes disfrutar do CULTURGAL na cidade de Pontevedra.
Aquí vos deixamos o enlace da programación para que poidades visitalo en familia.
 
 

Distribuir contido