2007-2008
VISITA DE PROTECCIÓN CIVIL Á ESCOLA
Hoxe estiveron os membros de Protección Civil na nosa escola. Dani e Manuel aprendéronos cousas moi importantes para que saibamos como temos que comportarnos en caso de que houbera un incencio: saír sen nada nas mans, amodiño, en fila e agachadiños para poder respirar mellor porque o fume vai para arriba, a profe diante e ao chegar a fóra tennos que contar por se quedou algún dentro e hai que chamar a un número moi importante : o 112
![]() |
|
Tamén puxemos os cascos : os de apagar o lume na cidade o os de apagar o lume no monte; os primeiros son máis pesados.
Mirade que guapos e guapas estamos. Jorge estaba un pouquiño temeroso e non quixo probalos.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Logo saímos anicadiños e fomos apagar un lume "de mentira", é o que se chama un "simulacro" de incendio.
![]() ![]() |
![]() |
|
![]() ![]() |
![]() |
Aprendemos moitas cousas e pasámolos moi ben.
- APIs de Blogue
COLORÍN E O GALO PEDRÉS
Hai uns días Jorge falounos de que os seus avós tiñan un galo que era moi malo porque pitucaba a todo o mundo. Pregunteille como se chamaba e dixo que era o galo Pedrés. Póñoo con maiúscula porque pensei que ese era o seu nome; despois entereime de que pedrés é un tipo de galo moi elegante, de plumas brancas e negras.
Andabamos aqueles días lendo poemas de Xosé Mª Alvarez Blázquez e un falaba dos medos de Colorín, a súa filla, que a espertaban chorando : o vento, os paxaros...
Moitos dos poemas que Xosé Mª fixo para a súa filla falan de animais : o año pitaño, a cabuxa luxa, o gato cegato, o coello vello, o galo ralo, a galiña Tiña, o vilorico de longo pico....
De seguro que a Colorín malia terlles medo gustábanlle moito os animaliños así que aproveitando a intervención de Jorge dixen :
Seguramente a Colorín gustaríalle visitar ao galo pedrés pero como Jorge di que é tan malo... que pensades que lle diría o seu pai cando ela quixera ir velo ? E aquí foi nacendo o seguinte poema :
COLORÍN E O GALO PEDRÉS
COLORÍN,
NON VAIAS
ONDA O GALO
PEDRÉS,
QUE CHE PITUCA
NO CÚ
E NOS PÉS.
Bonito, verdade?
Para que vexades o elegante que é o galo pedrés de Jorge a súa mamá fíxolle unhas fotos que aquí vos mando e a ver se noutro momento tamén ilustramos este poema.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
ROSALÍA DE CASTRO. LETRAS GALEGAS
OLA AMIGOS.
HOXE QUEREMOS CONTARVOS QUE CANDO FIXERON A NOSA ESCOLA PUXERONLLE O NOME ROSALIA DE CASTRO.Irene e todos nos.
ROSALÍA DE CASTRO É UNHA IMPORTANTE POETA QUE VIVIU EN PADRÓN ( A SÚA É UNHA FERMOSA CASA CONVERTIDA EN MUSEO ) E FOI A PRIMEIRA ESCRITORA A QUEN SE LLE ADICOU O DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
A CHUVIA DESTES DÍAS, QUE NOS OBRIGOU A APRAZAR A CARREIRA, FÍXONOS LEMBRAR UNS VERSOS DE ROSALÍA :
COMO CHOVE MIUDIÑO
COMO MIUDIÑO CHOVE
POLA BANDA DE LAÍÑO
POLA BANDA DE LESTROVE
A VISITA DE HANS CHRISTIAN ANDERSEN

ONTE , DESPOIS DE TER FALADO DURANTE VARIOS DÍAS SOBRE HANS CHRISTIAN ANDERSEN, LÍA, DESI, IRENE,CESAR E LAURA TROUXERON Á ESCOLA UN MONTÓN DE LIBROS DE CONTOS DESTE AUTOR ( MÁIS DE VINTE !) E FOI COMA SE RECIBÍSEMOS A VISITA DO MESMÍSIMO HANS CHRISTIAN ANDERSEN.
QUE PRIVILEXIO!!
- APIs de Blogue
ARCO DA VELLA

ARCO DA VELLA
AMOSATE EN PAZO
QUE OS NENOS E NENAS
DARANCHE UN ABRAZO
- APIs de Blogue
O SOLDADIÑO DE CHUMBO
Como sabedes, o pasado xoves fomos ao teatro a Santiago. Previamente, traballáramos o conto na escola . A versión que nos ofreceu a compañía catalana SIM SALABÍN foi a través do que se chama "teatro negro" : diante dun escenario negro os actores vestidos totalmente de negro de pes a cabeza, polo que non se ven, manexan grandes bonecos que por medio dunhas luces fluorescentes adquiren unhas cores moi intensas e parecen cobrar vida propia. É unha posta en escea que resulta verdadeiramente espectacular e chea de maxia. As cancións que se suceden ao longo da obra estiveron acompañadas en directo polo guionista que tocaba o acordeón.
Ao final houbo un coloquio no cal os nenos e nenas podían preguntar calquera cousa do seu interés e os actores respondían e descubrían os trucos dos que se valían para a posta en escea.
Penso que disfrutaron moito e ademáis sorprendéronse polo inusual do espectáculo.
Como ben sabedes non asistiron nin Jorge nin Anxo polo que, pensando neles, tratei de sacar unha secuencia de fotos que captaran a unidade da obra e ao día seguinte vímolas na escola o que lles permitiu entender non só a versión do conto senón tamén que era iso do teatro negro.
Velaí algunha secuencia acompañada dos seus debuxos.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
O SOLDADIÑO DE CHUMBO
O XOVES FUMOS AO TEATRO.
GUSTOUNOS MOITO O TEATRO E LER O CONTO.
HANS CHRISTIAN ANDERSEN FIXO O CONTO FAI MOITISIMOS ANOS E ESTES DEBUXOS FIXEMOLOS NOS O VENRES. Ivan e todos nos
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Ivan, Lia, Eva, Joel, Alex, Tania, Laura, Yaiza, Desi e Irene
LEMBRADE QUE ANDERSEN É O AUTOR DE OUTROS CONTOS CLÁSICOS QUE FORMAN PARTE DA VIDA DE TODOS NÓS ( A PRINCESA E O CHÍCHARO, A SEREÍÑA, O TRAXE NOVO DO EMPERADOR, O PARRULIÑO FEO,...).
APROVEITADE ESTES DÍAS PARA PEDIR NA ESCOLA E NA CASA QUE VOLOS CONTEN UNHA VEZ MÁIS.
EL SOLDADITO DE PLOMO
O XOVES FOMOS Ó TEATRO A SANTIAGO. GUSTOUNOS MOITO IR, XA QUE ÍAMOS TODOS OS NENOS E NENAS DO C. R. A.
PARECEUNOS MOI BONITA A OBRA DE TEATRO. O QUE MÁIS NOS GUSTOU FOI O SOLDADIÑO, A BAILARINA E O BARQUIÑO DE PAPEL.
O VENRES NA ESCOLA FIXEMOS O NOSO SOLDADIÑO CON CADANSEU BARQUIÑO DE PAPEL:


BORJA, PATI, CESAR, SILVIA, AITOR, ANDREA, RUBÉN, SELENIA, JORGE e PAULA
(CRUCEIRO, 3 ANOS)
EL SOLDADITO DE PLOMO
O XOVES FUMOS O TEATRO A SANTIAGO CON TODOLOS NEN@S DO C.R.A. VER "EL SOLDADITO DE PLOMO". GUSTOUNOS MOITO POLO COLORIDO DOS BONECOS,POLA MUSICA E TAMEN A HISTORIA, QUE XA COÑECIAMOS.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
OS INSTRUMENTOS MUSICAIS PREFERIDOS POLOS NENOS DE PAZO
ESTES SON OS INSTRUMENTOS QUE MAIS NOS GUSTARON CANDO VISITAMOS A AULA DE MUSICA EN ASADOS E, GUSTARIANOS APRENDER A TOCALOS.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- seguinte ›
- última »
