Taboleiro

Insertar avisos para o profesorado en formato "story"

Cancións do entroido 2009

Carauta

CANCIÓNS DO ENTROIDO 2009

BAILA, BAILA

Baila, baila, coa túa carauta
Baila, baila, Entroido lambón
Come filloas non deixes ningunha,
Come filloas Entroido lambón.
Canta, canta, coa túa carauta,
Canta, canta, Entroido lambón,
Come orellas non deixes ningunha,
Come orellas Entroido lambón.

EU QUÉROME DISFRAZAR
Eu quérome disfrazar (bis)

Collerei un nariz (bis)
E serei o paiaso Pin (bis)

Collerei unha pluma (bis)
E serei o indio Puma (bis)

Collerei unha escoba(bis)
 E serei a bruxa tola (bis)

Collerei un gorriño(bis)
 E serei un ananiño(bis)

Cada escola ten que facer unha estrofa para esta canción

OH GHAI GHAI
Oh ghai ghai, oh ghai ghai
O noso Entroido ven e vai
E ti e máis eu, eu máis ti,
Cantemos todos xuntos,
Oh ghai ghai!          (Estribillo)

Xa chegou o Entroido, Entroido lambón,
A comer filloas, orellas e lacón,
Imos todos xuntos con esta cantiga
Rapaces e vellos encher a barriga.

Estribillo

Uns irán de flores e moitos de demos
Outros de animais e algúns de choqueiros
Pero todos xuntos queremos cantar
O canto do Entroido que é o mellor cantar

MUTETUS

Tran la lera, lera, lera la lera
Tran la lera, lera, lera lala.          (Estribillo)

Os nenos do CRA
Pasámolo moi ben
Queremos ir ó Entroido  
E comer tamén.

Estribillo
Cada escola ten que facer unha estrofa para esta canción


Información Departamento de Orientación Febreiro 09

 

PARA OS  PAIS E NAIS DOS ALUMNOS DO C.R.A. DE RIANXO

1.    PASACIÓN DO PLON: Na actualidade estase proceder á realizar unha exploración da linguaxe nos alumnos e alumnas de Educación Infantil, realízase coa axuda do PLON, que  explora os seguintes aspectos da linguaxe infantil
a.    FORMA: Fonoloxía e articulación
b.    CONTIDO: Comprensión de significados
c.    USO: Niveis  de uso en situación de necesidade lingüísitca

2.    CHARLAS PARA OS PAIS E NAIS: A unidade de prevención de Drogodependencias do Concello de Rianxo, conxuntamente co Departamento de Orientación do C.R.A. de Rianxo
a.    Nutrición e hábitos alimenticios saudables na infancia: principios básicos sobre o concepto de nutrición, estratexias para unha alimentación sá e equilibrada.
b.    Atención e coidado á infancia: fases do desenvolvemento, descubrimento do medio físico e social, coidados básicos, estratexias de comunicación na familia
c.    Temporalización das charlas:
i.    Unha sesión por charla
ii.    Duración da sesión 120 mintuos
iii.    Datas a elexir: martes 4, martes 10, martes 17 ou martes 24 de marzo
iv.    Horario: 18:00 a 20:00
d.    Número de participantes recomendado para a charla: entre 16 e 20 persoas


3.    BANCO DE TEMPO, charla informativa  aos país e nais Mércores 11 de Febreiro ás 20:00. Proxecto concebido como unha medida de conciliación da vida familiar e laboral

PARA O PROFESORADO:
1.    REUNIÓN DE COORDENACIÓN COS ORIENTADORES DOS COLEXIOS RECEPTORES:
a.    Reunión de coordinación de titorías
i.    Despois da 2º Avaliación, (semana do 20 de abril /entre o 20 e o 24 de abril/)
1.    Brea Segade pode ser dentro de horario lectivo
2.    Castelao ten que ser fora do horario lectivo (C.E.I.P. Castelao reúnese os luns)
ii.    Profesorado participante:
1.    Reunión Castelao:
a.    C.E.I.P.: titores de 2º e 3º e responsable de ciclo,
b.    C.R.A. titores de Abuin, Rañó, Quintáns, Vacariza e Pazo, e responsable de ciclo
2.    Reunión Brea Segade:
a.    C.E.P.: titores de 1º, 2º e 3º e responsable de ciclo
b.    C.R.A.: titores de Capela, Cuvide e Cruceiro
iii.    Asuntos a tratar:
1.    Contidos mínimos e promoción de ciclo
2.    Información pertinente nos expedientes
3.    Hábitos e actitudes.
b.    Visita ás escolas dos alumnos/as do C.E.I.P. Castelao, pendente
c.    Participación dos alumnos/as do C.E.P. Tragoña, prever, e programar.

2.    PORTAL WEB:
a.    Comunicouse á UAC, dificultades de comunicación de rede das escolas de Abuin, Rañó, Quintáns e Vacariza.
b.    Proponse que se utilice o Portal para veiculizar a información que se xera no centro: departamentos, actividades, avisos, para elo utilizar o menú Taboleiro /Departamentos e equipos/
c.    Varias escolas puxeron traballos e  experiencias sobre a Xornada da Paz, a Actividade de Biblioteca e de Música, o Outono.
d.    Estase a traballar no /Libro de Rianxo/, que pretende ser un recurso para apoiar o traballo da Unidade Didáctica da Localidade, estructúrase nos seguintea apartados:
i.    A contorna de Rianxo
ii.    Exploramos camiños
iii.    Patrimonio
iv.    Natureza
v.    Xentes

 

Instruccións antroido 2009

Antroido 08

 

DÍA SEN CHUVIA

AUTOBUSES ZONA DO RÍO

·    1º Pazo, Abuín e Rañó e déixaos en Quintáns (os Apoios terían que ir nos seus coches a Quintáns xa que non quedaría sitio no bus)
·    2º Logo volta o bus e colle a Vacariza

AUTOBUSES ZONA OUTEIRO

·    1º Colle a Cuvide e Cruceiro e déixaos en Outeiro
·    2º Logo volta e colle a Capela e lévaos a Outeiro

APOIOS
·    Apoio 1 vai a Abuín
·    Apoio 2 vai a Capela
·    Apoio 3 vai a Rañó
·    PT vai a Quintáns
·    AL vai a Cruceiro
·    Inglés vai a Pazo
·    Música vai a Cuvide
·    EF vai a Outeiro
·    Tobías grava coa cámara

DÍA CON CHUVIA

A celebración do entroido faise en cada escola. Cada titora organiza os tempos e espazos como máis lle convén.

APOIOS

Do mesmo xeito que antes, pero quedan sen apoio Outeiro e Pazo para poder repartir as orellas e filloas (irían Música e EF)

Charlas informativas aos pais e nais do C.R.A. de Rianxo

Logo de ter plantexado o venres día 30 de xaneiro á responsable da Área de Prevención de Drogodependencias a posibilidade de organizar algunha charla informativa sobre hábitos saudables para os pais e nais dos alumnos do C.R.A., Concha a responsable da área, pertencente a Servizos Sociais remitiu unha proposta de dúas Charlas:

As características xerais das charlas serían:

  • Sesións: 1 para cada tema
  • Duracion: 120 minutos
  • Metodoloxía: exposición de contidos, exercicios participativos e resolución de casos prácticos.
  • Destinatarios: pais e nais de alumnos/as do C.R.A., en número aproximado de 20 persoas

Achégase arriba enlace para descargar máis información sobre as actividades.

Semana Polideportivo

SEMANA POLIDEPORTIVO

2 AO 5 DE FEBREIRO

Luns 2: Capela e Outeiro
Martes 3 Quintáns, Rañó e Abuin
Mércores 4 Cuvide e Cruceiro
Xoves 5 Vacariza e Pazo.


Recollida na 1ª escola ás 9.00 e recollida no poli ás 13.10 (hai que ser moi puntuais).


A profesora de Educación Física

Boletín Biblioteca Nadal 08-09

 

Postal de Nadal

 

 

A seguir insértase un enlace para acceder ou descargar ao Boletín de Biblioteca editado no Nadal do 2.008-09

ONDE HAI UNHA BIBLIOTECA HAI UNHA LUZ

 

Materiais para a celebración do Día da Paz

 

Debuxo da Paz  - Capela 0607

No curso 06-07, elaboráronse os seguintes materiais ao redor do Día da Paz:

"As Normas da Paz", presentación Power Point con son, elaborada na Escola de Cruceiro.

"O Foguete da Paz", presentación Power Point con son, elaborada na Escola de Capela.

Esta presentacións están depositadas na Web Antiga do C.R.A., podedes acceder  a estes traballos no enlace que se inserta a seguir:

MATERIAIS PARA O DÍA DA PAZ

 

Debuxo Día da Paz Escola de Cruceiro

 

 

 

Podedes aportar máis traballos para compartir na web.

Concurso Orientación

CONCURSO ORIENTACIÓN - Orde do 17 de decembro de 2008 pola que se
convoca concurso de traslados específico de orientación . Publicado no DOG.de 8 de xaneiro de 2.009

Lémbrase que o profesorado que concurse a praza dende o propio centro non gasta punto.

Axudas immersión lingüísitica

A consellería de Educación ven de convocar axudas  para inmersión lingüística para o presente curso 08-09, para alumnos e alumnas de Educación Secundaria e 6º de E. Primaria.

ENLACE Á CONVOCATORIA

VISITA AO COLEXIO CASTELAO

O vindeiro Venres día 30 de Maio, os nenos e nenas de 2º de E.P. das escolas de Pazo, Abuin, Rañó, Quintáns e Vacariza visitarán o Colexio Castelao.

Máis información aquí no arquivo adxunto.

Distribuir contido