Escola de Vacariza

PECHE DA ESCOLA

Neste curso 2013-2014 pechou a escola de Vacariza, na parroquia de Isorna, despois de nacer grazas á xenerosidade dos veciños do lugar e levar en funcionamento medio século.

A comunidade escolar de Rianxo continou solicitando ata a primeira quincena do setembro á súa apertura en vista do incremento de matrícula previsto para os vindeiros cursos.

POLA CONTINUIDADE DA ESCOLA



No inicio deste novo curso escolar os pais e nais da escola de Vacariza manteñen a súa firmeza en reclamar á Consellería de Educación a apertura da escola, e a este obxecto acordaron desenvolver as seguintes accións:
1. Seguir asistindo cos seus fillos e fillas á escola de Vacariza. Os nenos e nenas serán atendidos polos pais e nais.
2. Realizar unha concentración en Rianxo o sábado 14 ás 11:00h no Campo de Abaixo, diante do Concello.
3. Entrevistarse co Director Xeral de Centros o luns 16 de setembro.
4. Coordinar con todas as Asociacións de nais e pais dos centros de
ensino de Rianxo e coa "Asemblea pola defensa do ensino público da Barbanza" a difusión e apoio desta reivindicación.

O Claustro de mestres e mestras do CRA de Rianxo manifesta, unha vez máis, o seu apoio ás familias e veciños da escola de Vacariza

MATERIAL IMPRESO CURSO 2012-2013

2º NIVEL

Língua galega: Camiño 2 Galicia. Ed. Vicens-Vives 2011

ISBN: 978-84-682-0194-8

Língua castelá: Letras 2. Ed. Vicens-Vives 2011

ISBN: 978-84-682-0168-9

Matemáticas: Matemáticas 2. "Los caminos del saber". Ed. Santillana 2011.

ISBN: 978-84-294-9670-3

Coñecemento do Medio: Coñecemento do Medio 2. Ed. Anaya 2011.

ISBN: 978-84-667-9956-0

Lingua Inglesa: Find Out 2. Pupil?s Book. Ed. Macmillan

ISBN: 978-1-4050-7826-9

Música: Música 2. Ed. Anaya 2011

ISBN: 978-84-678-0003-6

LIBROS DE TEXTO. VACARIZA

MATERIAL IMPRESO DE EDUCACIÓN PRIMARIA Curso 2011-2012

1o NIVEL

 Camiño1 Galicia. Ed.Vicens-Vives 2011. IBSN: 978- 84 -682- 0179- 5

 

 Matemáticas1 Proyecto“Los caminos del saber”Ed. Santillana 2011.ISBN: 978-84-294-9124-1

 

 Letras 1 Pauta. . Ed.Vicens-Vives.

ISBN: 978--84- 682- 0173- 3

 

 Música 1. Ed. Anaya 2011.

IBSN: 978- 84 -678- 0001- 2

 

 InglésFIND OUT 1, PUPILS BOOK. Ed. MACMILLAN

 

2o NIVEL

 Camiño2 Galicia. Ed.Vicens-Vives 2011. IBSN: 978- 84- 682-0194- 8

 

 Letras 2 . . Ed.Vicens-Vives2011. ISBN: 978-84-682-0168-9

 

 Matemáticas 2 Proyecto“Los caminos del saber”Ed. Santillana 2011. ISBN: 978-84-294-9670-3

 

 

 Música 2. Ed. Anaya 2011 IBSN: 978-84-678-0003-6

 

 Inglés

FIND OUT 2, PUPILS BOOK . Ed. MACMILLAN

OS AMIGOS DE MARTIÑO

 

 
ESTAMOS A TRABALLAR RIANXO. AQUÍ ESTUDAMOS A SÚA CONTORNA E XENTES.

EN RIANXO SEMPRE HOUBO UNHA INQUEDANZA LITERARIA QUE IMOS COÑECENDO POUCO A POUCO CO NOSO AMIGO DANIEL.

ESTES DÍAS ESTIVEMOS COÑECENDO A ESCRITORES RIANXEIROS.XESÚS SANTOS É UN DELES. ESCRIBIU " OS AMIGOS DE MARTIÑO".

ESTE LIBRO NON ERA DESCOÑECIDO NO CRA PORQUE HAI ANOS REPRESENTOUSE NO LOCAL SOCIOCULTURAL DE TARAGOÑA POLOS ALUMNOS DESTE CENTRO.

NA ESCOLA DE VACARIZA SENTIMONOS UN POUCO MARTIÑOS. A NOSA ALDEA É PARECIDA A DEL E, ADEMÁIS, GÚSTANNOS AS MESMAS COUSAS CA EL E FACEMOS O MESMO CA EL.
 

   
   
   
   
 

 

 

A nosa cancion para o Entroido

Escola de Vacariza

 

Hoxe, mércores 18 de Febreiro estivemos ensaiando coa profesora Puri, as cancións do Entroido. Imos  disfrazados de monstruos e con Puri  todos pensamos estas cancións para o correrúas de venres:

OS DE VACARIZA

VIMOS A QUINTÁNS

VESTIDOS DE MONSTRUOS

VIMOS ASUSTAR

 

COLLEREI UNHAS AS 

E SEREI O MONSTRUO 

DA PAZ

 

OS MONSTRUIÑOS (BIS)

VIMOS TODOS ENTROIDAR

PORQUE QUEREMOS (BIS)

TODOS DISFRUTAR

 

Escola de Vacariza

PROTECCIÓN CIVIL VISITA AS ESCOLAS

Mañá á mañá os membros de protrección civil de Rianxo visitarán ao nenos e nenas da escola de Vacariza para ensinarlles moitas cousas.

REUNIÓN DE PAIS/NAIS

O luns 21 de abril ás 16:30 horas, haberá unha xuntanza dos pais/nais da escola de Vacariza ca mestra para falar sobre as saídas que imos facer durante os meses de abril e maio así como de outros temas relacionados co alumnado da escola

OS NENOS E NENAS DE VACARIZA SOBEN EN ROSITA

O outro día na nosa escola os nenos e nenas de Vacariza tíñamos serios problemas entre nós porque todos queríamos subir á vez ao cabaliño de madeira que temos na escola.

Isto non podía ser. Xa a nosa profe Puri nos dixera moitas veces que para xogar cos xoguetes, o mesmo que para falar tíñamos que gardar un turno para disfrutar todos e todas e escoitarnos e entendernos.

Ainda que isto estaba falado dende hai tempo,  este día armámola e Puri decidiu sentarnos e falar sobre o tema.

Despois da conversa, puxemos o cabaliño enriba dunha mesa e decidimos inventar un conto sobre un cabaliño de madeira que, posiblemente estivese disgustado por vernos discutir. Seguramente, ao ler o noso conto poríase contento de novo. O conto que xurdiu é o que segue. A ver se vos gusta.

 

Había unha vez un cabaliño de madeira.

Vivía na escola de Vacariza e os nenos puxéronlle de nome Rosita.

Aos nenos e nenas gústalle moito montar nel e balancearse. Todos querían subir á vez pero non podía ser.

Falaron o asunto entre todos e decidiron subir nel de un en un.

Pedirían a vez para subir decindo:

-" Por favor, quero ir en Rosita" e esperarían a que baixase o que estaba enriba del para subir outro neno ou nena.

E así, foi como os nenos e nenas de Vacariza nunca máis volveron a discutir por subir todos á vez en Rosita.

 

 

Despois de elaborar o conto decidimos que o seu título sería:

 

OS NENOS E NENAS DE VACARIZA SOBEN EN ROSITA

 

Distribuir contido