Escola de Cuvide

VISITA DE ANXO MOURE Á ESCOLA DE CUVIDE

O PASADO MÉRCORES TIVEMOS A GRAN SORTE DE VER EN ACCIÓN A ANXO MOURE, UN CONTACONTOS QUE NOS DELEITOU CUN POPURRI DE HISTORIAS SOBRE NEN@S DE DISTINTAS PARTES DO MUNDO. QUÉ BEN O PASAMOS!!!!!!

DESERTO EN PAPEL

DESPÓIS DE INVESTIGAR E EXPERIMENTAR, PLASMAMOS EN PAPEL O APRENDIDO

O DESERTO

ESTE ÚLTIMO MES DECIDIMOS VIAXAR ATA O DESERTO E ASÍ COÑECELO UN POUQUIÑO. DESCUBRIMOS QUE TOMAN MOITO , QUE COMEN CUS-CUS, DÁTILES E AMÉNDOAS, QUE VIVEN EN JAIMAS E QUE A SÚA LINGUA É O ÁRABE. NO DESERTO HAI MOITA AREA E SE FORMAN DUNAS E O CACTO É UNHA PLANTA QUE PODE VIVIR NEL. OS TUAREGS UTILIZAN OS CAMELOS PARA MOVERSE E TRANSPORTAR COUSAS.

 

UN PASEO POLO BOSQUE.

OS NEN@S DAS ESCOLAS DE CUVIDE, CRUCEIRO, OUTEIRO E CAPELA, FIXERON NO TALLER DE LINGUAXE UN OBRADOIRO DE CREACIÓN DE CONTOS CO PROFE PABLO.

FIXERON ENTRE TOD@S UN CONTO CREANDO A HISTORIA, OS MURALES PARA ILUSTRAR O TEXTO, E POR SUPOSTO GRABARON AS SÚAS VOCES CONTANDO O SEU CONTO. 

EN CADA ESCOLA CREOUSE UN CONTIÑO DIFERENTE, ONDE CADA UN APORTOU O SEU GRAN DE AREA.

AQUÍ VOS DEIXAMOS O DA ESCOLA DE CUVIDE E EN CANTO POIDAMOS ENSINARÉMOSVOS OS DEMAIS!

APERTAS LINGÜÍSTICAS!

 

 

PINTANDO O MUNDO DE LARANXA

O 25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER, QUIXEMOS POÑER O NOSO GRANIÑO DE AREA PINTANDO TAMÉN O NOSO MUNDO DE LARANXA 

ALIMENTOS DO PERÚ

CANDO INVESTIGAMOS SOBRE OS INCAS ATOPAMOS MOITA INFORMACIÓN SOBRE OS ALIMENTOS QUE TOMABAN E CULTIVABAN, ALGÚNS OS COÑECÍAMOS PERO OUTROS NON. ASÍ QUE UNHA MAÑÁ A PROFE APARECEU NA AULA CON ALIMENTOS PARA PROBAR: PATACAS, MILLO, CACAO E QUINOA (UN CEREAL MOI UTILIZADO NO PERÚ)

POLAS CARAS QUE POÑEN OS NENOS PODEREDES IMAXINAR A QUEN LLES GUSTOU E A QUEN NON!!!!!!!!!

PERO TODOS OS NENOS E NENAS PROBARON TODOS OS ALIMENTOS, E ALGÚNS REPETIRON NA HORA DA MERENDA!!!!!

CREAMOS UN QUIPU

quipu (en quechuakhipu‘nudo’) foi un sistema mnemotécnico mediante cordas (de lá ou algodón) e nudos (de unha ou varias cores) desenvolto polas civilizacións andinas. Era usado como un sistema de contabilidade polos quipucamayoc(khipu kamayuq), administradores do imperio inca.

 

VIAXANDO CON MOUK

DENDE CUVIDE QUEREMOS PRESENTARVOS AO NOSO AMIGO MOUK, UN OSO CABEZUDO CO QUE IMOS VIAXAR AO REDOR DO MUNDO

 

O PRIMEIRO PAÍS QUE NOS QUERE ENSINAR É PERÚ, ASÍ QUE ALÍ VIAXAMOS PARA APRENDER TODO O QUE POIDAMOS SOBRE UNHA CIVILIZACIÓN QUE VIVIU EN PERÚ FAI MOITÍSIMOSSSS ANOS, OS INCAS

Distribuir contido