Escola de Abuin

WANGARI E AS ÁRBORES DA PAZ

O noso móbil de "Wangari e as árbores da paz" xa forma parte da nosa escola, loce no noso vestíbulo para recibir a quen nos queira visitar...

MMMMMMMM...!! QUE RICO!!

A mestra Jose mandounos unhas latiñas de conservas de berberechos ó natural e zamburiñas en salsa de vieira, das que demos boa conta na merenda, acompañados de pan recén feito. Todos probamos así que, OBXECTIVO CUMPRIDO!!!

Por suposto, antes comprobamos a data de caducidade...


      

 

E, como vedes, só deixamos as migas!

O ALFABETO DO MAR

Unha raia de sal de cores e cacao invade o R do mar de Abuín!!!

REMATAMOS OS NOSOS BITS DE INTELIXENCIA DO MAR.

Por fin rematamos os nosos bits de intelixencia do mar, o importante foi que os fixemos entre todos; agora pasarán a formar parte do noso recuncho dos aventureiros, para poder botarlles olladiñas cando nos pete, je

     

 

PLANTAMOS GALLOS

RECOLLIMOS GALLOS DE DIVERSAS ÁRBORES E ARBUSTOS (PHOTINIA, AUCUBA, GREVILLEA, FUCSIA, LAVANDA, HEDRA, CAMELIA...). CADA ALUMNO/A PUIDO PLANTAR UN GALLO DIFERENTE.

 

 

 

EXPLICAMOS QUE OS OBTIVEMOS CORTANDO UNHA RAMIÑA DAS ÁRBORES COAS TESOIRAS DE PODAR (FIXEMOS UN CORTE DIAGONAL) E DESPRENDÉMOLA DAS RAMAS MÁIS BAIXAS, DEIXANDO SÓ AS DA PUNTIÑA, MÁIS TENRAS. ATA O INTRE DE PLANTAR, OS GALLOS ESTIVERON ENVOLTOS EN ALGODÓN HÚMIDO.

CHEGADO O INTRE, CADA NENO/A COLLEU O SEU GALLO E PRESENTOULLO ÓS DEMÁIS DICINDO O SEU NOME E DESCRIBÍNDOO BREVEMENTE. DESPOIS, UN A UN FORON MOLLANDO A RAÍZ DO GALLO EN AUGA E PÓ DE ENRAIZAMENTO.

                   

 

 

DESPOIS, AXUDADOS CO TUTOR, FIXERON UN BURATO NA TERRA NO QUE METER O GALLO SEN MEDO A QUE O PÓ QUEDASE NA SUPERFICIE DA TERRA. XA POR ÚLTIMO, PREMERON PARA QUE O GALLO QUEDASE BEN SUXEITO E PRENDÉRONO CUN TUTOR:


 

POR ÚLTIMO, FIXEMOS OS SEUS IDENTIFICADORES CON DEPRESORES:

 


 

 

ESTAMOS PENDENTES DO TEMPO METEOROLÓXICO PARA CUBRILOS CON PLÁSTICO SE HAI XEADAS.

 

O REMUÍÑO MARIÑO

Este é o noso remuíño mariño; nel plantamos os nosos desexos de paz, están a medrar e agardamos que rematen cumpríndose. Unha espiral que simboliza o continuo renacer da natureza, un compromiso dos nenos e nenas de Abuín a protexela e conservala.

     

 

IDENTIFICAMOS AS ÁRBORES DO NOSO PATIO

Identificamos as árbores do noso patio e elaboramos uns simpáticos identificadores coas súas folliñas. Agora locen nas súas polas...

                                  

O ALFABETO DO MAR

Esta vez a letra P: enchemos unha Pequena Patela con Peixes de PapiroflexiaGuiño

UN CÍRCULO É...

Deixamos voar a nosa creatividade, fixemos un círculo no noso caderno de Daniel e pensamos en todas as cousas que podían ser. Como mostra, un botón!!!

OS NENOS E NENAS DE ABUÍN VIMOS ESTA NOTICIA NO TELEDIARIO

Dearborn, Michigan - O presidente Barack Obama visitou o autobús onde Rosa Parks protagonizou un intre clave na loita contra a segregación racial.

A Casa Branca deu a coñecer unha fotografía na que pode verse ó presidente dos EE.UU. sentado no vehículo onde a señora Parks, unha muller afroamericana, negouse a deixar o seu asento a un home branco en Montgomery, Alabama, o 1 de decembro de 1955.

NADA MÁIS E NADA MENOS QUE O BUS DE ROSA PARKS!!!



 
 

Distribuir contido