Club "Amigas e amigos de Daniel"

ANXO MOURE NA ESCOLA DE PAZO

Á SOMBRA DUN DOS NOSOS CARBALLOS, ANXO MOURE CONTOUNOS AS SÚAS HISTORIAS DO CARBALLO CON BOTAS.

CHEGOU NUN CABALO DE MADEIRA CON MOITOS RELATOS PARA SEGUIR CONCIENCIÁNDONOS

DA IMPORTANCIA DE COIDAR O MEDIO AMBIENTE

    O contacontos de Anxo Moure é parte do premio que Axenda 21 concedeu á comunidade do CRA de Rianxo polo traballo realizado a prol do Aforro Enerxético durante este curso.

 

CONCERTO PARA AS AMIGAS E AMIGOS DE DANIEL

DESTA VOLTA, XA REMATANDO O CURSO, O NOSO AMIGO DANIEL CONVÍDANOS A PARTICIPAR NO AUDITORIO DE RIANXO O MARTES 18 ÁS 12:30 H. NO CONCERTO DE
"MARÍA FUMAÇA",
UN PROXECTO EDITORIAL QUE BUSCA COMPARTIR  CON TODOS NÓS A ALEGRÍA DA MÚSICA E DA LITERATURA


PREMIO ÓS AFORRADORES

BEN SABIAMOS NÓS QUE PRACTICAR O AFORRO ENERXÉTICO É UN AGASALLO PARA A NATUREZA E TODOS OS QUE HABITAMOS NELA. PERO O QUE NON SABIAMOS É QUE ADEMAIS PODE SUPOÑER UN PREMIO EN FORMA DE CONTACONTOS E MATERIAL PARA A BIBLIOTECA DOS AMIGOS E AMIGAS DE DANIEL!


AXENDA 21 VEN DE AGASALLARNOS COA VISITA DE ANXO MOURE ÁS NOSAS ESCOLAS E ESPERAMOS ANSIOSOS PODER VER O MATERIAL QUE HAN DE MANDARNOS PARA A BIBLIOTECA!

PREMIO DO PROGRAMA A21

O PROGRAMA MEDIOAMBIENTAL "AXENDA 21" VEN DE PREMIAR Á COMUNIDADE EDUCATIVA DO CRA DE RIANXO POLO TRABALLO REALIZADO DURANTE O CURSO ESCOLAR  ENCOL DO AFORRO ENERXÉTICO

O PREMIO CONSISTE NUNHA SESIÓN DE CONTACONTOS CON ANXO MOURE O VENRES 14 DE XUÑO E NA DOAZÓN DE MATERIAL PARA A BIBLIOTECA DOS AMIGOS E AMIGAS DE DANIEL.

NORABOA POLO PREMIO E GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN NO PROXECTO!

consulta as novas da sección
Aforro enerxético

FESTEXANDO AS LETRAS

UN XORNADA MÁIS PARA LEMBRAR A IMPORTANCIA DE COIDAR A SAÚDE DA
NOSA LÍNGUA

LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES

O MEU CORPO É UN XARDÍN
COMO NUNCA OUTRO VIN.
SON O REI !!

NO PEITO NÁCENME FLORES
DAS MÁIS FERMOSAS CORES
SON O REI !!

NA GORXA NACEUME UN PANDEIRO
QUE TOCO CON MOITO SALERO
SON O REI !!
NOS PÉS TEÑO UN PIRINVEL,
E AO ANDAR A TODOS LEDO CON EL
SON O REI !!

OS BEIZOS TEÑO QUEIMADOS
DO BICAR DOS NAMORADOS
SON O REI !!

"LAUDAMUCO, SEÑOR DE NINGURES"  É UNHA OBRA DE TEATRO DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO.
NESTES DÍAS NOS QUE NA ESCOLA FALAMOS DE ESCRAVOS E CRIADOS REPRESENTAMOS A LAUDAMUCO, O SEÑOR DE NINGÚN REINO, QUE SEGUE CRÉNDOSE REI POR TER UN SERVO O SEU SERVIZO
...

POESÍA PARA CELEBRAR AS LETRAS

A MALETA DA POESÍA CONVÍDANOS A FESTEXAR AS LETRAS EN FAMILIA

LETRAS GALEGAS

O CRA DE RIANXO CELEBRA NO POLIDEPORTIVO DE TARAGOÑA E EN INSTALACIÓNS DO COLEXIO BREA SEGADE UNHA XORNADA PARA CELEBRAR A NOSA LÍNGUA REPRESENTADA POLA FIGURA DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO

ver as novas da "Carreira das letras" da

Escola de Pazo

Escola de Cruceiro

Escola de Rañó

Escola de Capela

ver tamén

Laudamuco, señor de ningures

BREOGÁN E HÉRCULES

Breogán
é o nome dun mítico rei celta de Galicia. Segundo a lenda, o rei Breogán construíu na cidade de Brigantia (A Coruña),  unha torre de tanta altura (a Torre de Hércules) que os seus fillos, Ith e Bile, podían ver Irlanda desde o cume, lugar ao que partiron e onde Ith sería asasinado. En vinganza, os fillos de Mil, neto de Breogán e sobriño de Ith, navegaron desde Brigantia a Irlanda e conquistárona coa axuda do bardo Amergín.

(A lenda de Breogán está recollida no "Leabhar Ghabala" ou Libro das invasións de Irlanda, recompilación realizada no século XII de lendas irlandesas anteriores)

Hércules
foi o máis grande dos heroes da mitoloxía clásica e a súa extraordinaria forza era o seu atributo máis importante. Segundo a lenda, Hércules veu a estas terras na busca do xigante Xerión, co fin de liberar o pobo do seu poder desmedido. O enfrontamento entre ambos os dous durou tres días coas súas correspondentes noites, ao cabo das cales Hércules venceu o xigante, cortoulle a súa cabeza e enterrouna xunto ao mar. Para conmemorar a súa vitoria construíu sobre o túmulo, unha torre e nas proximidades deste fundou unha cidade á que lle deu o nome de Crunia, como recordo da primeira muller que habitou este lugar e da cal o heroe se namorou.

(Esta lenda foi recollida polo rei Afonso X o Sabio (1252-1284) na súa "Estoria de Espanna")

ORIXE DA LÍNGUA


EOLO (DEUS DO VENTO) EÓLICO
MUSA (DEUSA DAS ARTES) MOSAICO
   
 VENUS (DEUSA DA BELEZA)
 VENRES
   
 LITTERA (LETRA)
 LITERATURA

NA CULTURA ROMANA DESCUBRIMOS A ORIXE DE MOITAS PALABRAS

Distribuir contido