Educación Física

O VERÁN

Ola a tod@s:

Xa nos queda pouquiño, dentro de nada rematan as clases e comeza o verán.

Portádevos ben, lede e xogade moito. Lembrade o que dicimos sempre na clase:

                  FACER DEPORTE E... COMER DE TODO!!!

                          BOAS VACACIÓNS A TOD@S!!

Bicos de Jose.

LETRAS GALEGAS

Ola a todos:

Lembrade que o vindeiro día 15 de maio (este venres) celebraremos a festa das Letras Galegas en Campo Maneiro, xunto co 1º ciclo de primaria do Brea Segade. Coma tódolos anos haberá:

- carreira de nenos (por niveis) e carreira de adultos

- construcción do maio

- homenaxe a Ramón Piñeiro

- merenda.

Entrenade ben para a carreira, pero non esquezades que o máis importante é participar: o premio vai ser igual para todos, independentemente do posto no que se chegue.

Boas Letras. Un bico grande.                  jose

Sesión de Polideportivo 3º trimestre

A semana do 20 de abril iremos a Rianxo, primeiro visitaremos a exposición "Meter o nariz" no auditorio municipal. Logo iremos ao polideportivo para desenvolver unha sesión sobre desprazamentos, saltos, equilibrio, lanzamentos e recepcións.

Queda unha copia no casilleiro ou podedes descargar a sesión pinchando aquí

Esperamos pasalo moi ben

 

23 de Abril de 2.009. Tobías pon estas fotos:

 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

 

 

 

GALOPÍN E TROTÓN EN PAZO

CANDO JOSE TRAE A GALOPÍN E A TROTÓN Á NOSA ESCOLA 

(E VAI BO TEMPO) QUERE DICIR QUE VAMOS FACER

EDUCACIÓN FÍSICA NO PATIO DE FÓRA.

CO QUE NOS GUSTA A NÓS!!! 

XA VAI DE DÚAS VECES QUE NOS VISITAN, E NOS, ENCANTADOS.

POÑÉMONOS NA LIÑA, E....

PREPARADOS!, LISTOS! E ALÁ VAMOS!

 

COMO CORREN TANTO, LOGO ENTRALLES A FAME E TEMOS QUE TER MOITO COIDADO PORQUE COMENLLES AS FILLOAS ÓS VECIÑOS!!!

2ª Sesión Polideportivo: "Os oficios"

 

Nesta semana 1ª de Febreiro, imos ao Polideportivo.

A sesión tratará o tema dos Oficios, coas seguintes estacións:

Deportistas

Albaneis

Mariñeiros

Agricultores

Se o desexades podedes descargar o programa da sesión e podedes ver imaxes da sesión:

  1. PLAN DA 2º SESIÓN: OS OFICIOS
  2. IMAXES DA SESIÓN

Tamén e se o desexades podedes incluir debuxos da sesión nesta páxina.

 

 

Semana Polideportivo

SEMANA POLIDEPORTIVO

2 AO 5 DE FEBREIRO

Luns 2: Capela e Outeiro
Martes 3 Quintáns, Rañó e Abuin
Mércores 4 Cuvide e Cruceiro
Xoves 5 Vacariza e Pazo.


Recollida na 1ª escola ás 9.00 e recollida no poli ás 13.10 (hai que ser moi puntuais).


A profesora de Educación Física

FOMOS O POLIDEPORTIVO DE TARAGOÑA!!!

O PASADO 23 DE ABRIL AS ESCOLAS DE ABUÍN, RAÑÓ E QUINTÁNS FOMOS O POLIDEPORTIVO COA PROFE JOSE.

ALÍ XOGAMOS COAS PELOTAS, SALTAMOS NO TRAMPOLÍN, FIXEMOS MOITOS XOGOS, CANTAMOS...EN FIN PASÁMOLO XENIAL

 

CANDO VOLVEMOS PROFE??Riendo

Distribuir contido