Educación Física

CARREIRA DAS LETRAS GALEGAS

OUTRO ANO MÁIS CELEBRAMOS EN CAMPO MANEIRO A XORNADA DAS LETRAS GALEGAS.

VELAQUÍ UNHAS IMAXES DAS CARREIRAS, DESDE OS MÁIS PEQUENOS ATA OS MAIORES, TODOS SE EMPREGARON BEN A FONDO E MERECERON AS MEDALLAS E DIPLOMAS, ADEMÁIS DA ESTUPENDA MERENDA QUE NOS PREPARARON AS FAMILIAS.

                              PREPARADOS, LISTOS,... XA!

 

 

 

        POR CERTO, QUE CADA ANO AUMENTA O NÚMERO DE ADULTOS PARTICIPANTES. 

                  VIVA A XENTE DEPORTISTA!

XOGOS TRADICIONAIS

POR CORTESÍA DE DEPORTE GALEGO DA XUNTA DE GALICIA, DISFRUTAMOS ESTA SEMANA DUNHA HUCHA CON XOGOS TRADICIONAIS.


COMO A HUCHA É MOI GRANDE E NON CABE NO MALETEIRO HOUBO QUE SELECCIONAR O MATERIAL.


LEVAMOS O XOGO DA CHAVE, OS AROS E OS BAILARETES OU BAILARICOS.


           


           


           


           


           


           


FIXÁDEVOS QUE HAI DISTINTOS TIPOS DE CHAVES SEGUNDO A COMARCA NA QUE SE XOGABA:  CHAVE DE OURENSE, CHAVE DE FERROL E DE SANTIAGO.


QUE BEN O PASABAN OS NOSOS AVÓS, BISAVÓS...!   E CANTO PODEMOS APRENDER DELES!!


 

AGASALLOS

AO REMATAR O OBRADOIRO DE PROBADORES RECIBIMOS UN ESTUPENDO AGASALLO, VELAQUÍ:


      ABUIN       


       CAPELA INF.


       CAPELA PRIMARIA


      CRUCEIRO A


      CRUCEIRO B


  


      PAZO INF.


      PAZO PRIMARIA


      CUVIDE


      QUINTÁNS


      RAÑÓ


      VACARIZA


                            


OS CADERNOS QUE APARECEN NALGUNHAS FOTOS SON O COMPROMISO QUE ADOPTAMOS PARA CONTINUAR PROBANDO NOVOS ALIMENTOS NA CASA.


                                     ÁNIMO PARA TODOS!!


 

PROBADORES

A CONTINUACIÓN PRESENTAMOS UNHAS FOTOS REPRESENTATIVAS DA ACTIVIDADE  PROBADORES DE ALIMENTOS, LEVADA A CABO AO FINALIZAR A SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE.


NESTE CASO ATREVÉMONOS A PROBAR A REMOLACHA CULTIVADA NA HORTA DE JOSE.


A ALGÚNS GUSTOULLE MOITO E REPETIRON, A OUTROS NON TANTO.


  


   


  


EN TODO CASO, FIXÁDEVOS COMO NOS QUEDOU A LINGUA!!


 


 

DESPPRAZAMENTOS E SALTOS

           ESTES DÍAS NAS ESCOLAS DESPRAZÁMONOS E SALTAMOS.


                         PROBAMOS A SALTAR Á CORDA


  


                               E DESPRAZÁMONOS SOBRE RODAS


  


  

POLIDEPORTIVO

DURANTE A PRIMEIRA SEMANA DE ABRIL AS DISTINTAS ESCOLAS DO C.R.. REALIZARON A SESIÓN SEMANAL DE PSICOMOTRICIDADE NO POLIDEPORTIVO DE RIANXO.

AS SESIÓNS FORON COMPLEMENTADAS CON ACTIVIDADES SOBRE A AUGA NA AULA ACTIVA DO MAR

SEMANA NO POLIDEPORTIVO

ESTA SEMANA FOMOS AO POLIDEPORTIVO E Á AULA ACTIVA DO MAR.


NA AULA ACTIVA VIMOS UNHA PROXECCIÓN SOBRE CONSUMO RESPONSABLE DA AUGA.


TAMÉN FIXEMOS UNHA PEQUENA ACTIVIDADE NUN CADERNO QUE LOGO LEVAMOS PARA REMATAR NA CASA.


                    


                   


                          NO POLIDEPORTIVO PARTICIPAMOS EN XOGOS SOBRE A PRIMAVERA.


                          XOGAMOS ÁS ANDURIÑAS QUE CONSTRÚEN O SEU NIÑO


  


ÁS ABELLAS QUE SE POUSAN NAS FLORES                           AOS RAPOSOS QUE PERSIGUEN AOS COELLOS


 


                                 TAMÉN XOGAMOS ÁS GALIÑAS E AOS VERMES


  


                               UNHA MERENDA SAUDABLE PARA RECUPERAR ENERXÍA


   


                                         E MOITO TEMPO PARA XOGO LIBRE!!


   


 


  


                                       CANTO DISFRUTAMOS E APRENDEMOS CANDO IMOS A RIANXO!!


 


 


 


 


 


    

A SELVA

NO CONTEXTO DE ACTIVIDADES FÍSICAS ARTÍSTICO-EXPRESIVAS ESTAMOS TRABALLANDO REPRESENTACIÓN E IMITACIÓN.

ESTA SEMANA ORGANIZAMOS UNHA EXCURSIÓN Á SELVA.

O MEDIO DE TRANSPORTE UTILIZADO FOI O AVIÓN

 

OS PRIMEIROS ANIMAIS QUE VIMOS FORON OS MONOS, ALGÚNS ESTABAN ESPIOLLÁNDOSE.

  

                              VIMOS ELEFANTES E RATIÑOS

  

                                    RÁS E MÁIS PEIXES

  

                   FIXÁDEVOS QUE PATADAS DAN AS CEBRAS!!

  

                          ESTIVEMOS COS  LEÓNS E COS GORILAS

 

                  

                 E POR ÚLTIMO OBSERVAMOS OS CROCODILOS

  

E FALANDO DE CROCODILOS, MIRADE O QUE PODE OCORRER NA AUTÉNTICA SELVA:

UNHA VIAXE Á NEVE

DURANTE ESTA SEMANA NAS CLASES DE PSICOMOTRICIDADE FACEMOS UNHA SAÍDA MOI ESPECIAL: IMOS Á NEVE!!

DESPOIS DE ABRIGARNOS BEN E FACER A VIAXE EN TREN, APRENDEMOS A ESQUIAR

   

              DESCUBRIMOS DIFERENTES MANEIRAS DE ESQUIAR

  

             IMOS EN TRINEO                              QUEN ESTÁ AÍ DEBAIXO?

  

                DE SÚPETO EMPEZOU A NEVAR, QUE DIVERTIDO!

  

              TIVERON QUE VIR AS MÁQUINAS QUITANEVES

          

E TROUXEMOS PARA A ESCOLA UNHA ENORME BOLA DE NEVE COA QUE PODEREMOS XOGAR CANDO QUEIRAMOS, PORQUE NON SE DERRETE.

  

                                QUE BEN O PASAMOS NO INVERNO!!

POLIDEPORTIVO

A ACTIVIDADE PSICOMOTRIZ REALIZADA NESTE TRIMESTRE NO POLIDEPORTIVO DE RIANXO COMPLEMENTOUSE CON DÚAS SESIÓNS RELACIONADAS COA ALIMENTACIÓN SAUDABLE DESENVOLVIDAS NA AULA ACTIVA DO MAR.

PARA VISIONAR AS ENTRADAS RELACIONADAS CON ESTA NOVA, PREMEDE NOS DISTINTOS ENLACES...

Sesión polideportivo: os animais

Polideportivo e Aula activa

Distribuir contido