Educación Física

2ª SESIÓN NO POLIDEPORTIVO: O MAR

ESTA SEMANA TOCA POLIDEPORTIVO. ANTES DA SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE VISITAMOS O CONCELLO

 

ONDE FOMOS RECIBIDOS POLO ALCALDE, O TENIENTE DE ALCALDE E O INSPECTOR XEFE DA POLICIA MUNICIPAL.

ALÍ FIXEMOS UN SIMULACRO DE ELECCIÓNS MUNICIPAIS. VELAQUÍ OS CANDIDATOS Á ALCALDÍA.

E O SIMULACRO DE VOTACIÓN.

NO POLIDEPORTIVO ADICAMOS A SESIÓN A TRABALLAR O TEMA DO MAR.

 

                          ESTES SON OS SAÚDOS DAS XOUBAS E AS SARDIÑAS

CO PARACAÍDAS XOGAMOS AOS CANGREXOS E OS BERBERECHOS:

 

NAS ESPALDEIRAS MONTAMOS UNHA BATEA: MIRADE OS MEXILLÓNS NAS CORDAS

 

TAMÉN PERCORREMOS UN CIRCUITO SUBMARIÑO:

DESPOIS DAS ESTACIÓNS, TIVEMOS UN TEMPO PARA XOGO LIBRE:

 

E UNHA MERENDA SAUDABLE
 

E REMATAMOS COA CANCIÓN DA CARACOLA MANOLA

                

                QUE BEN O PASAMOS NO POLIDEPORTIVO!!

 

PROBAMOS A REMOLACHA

O ANO PASADO PROBAMOS A REMOLACHA EN CONSERVA.

ESTE ANO PROBÁMOLA FRESQUIÑA, RECOLLIDA DIRECTAMENTE NA HORTA DE JOSE.

 

A REMOLACHA É UNHA HORTALIZA MOI ENERXÉTICA, ACONSELLADA EN CASOS DE ANEMIA POLO SEU ALTO CONTIDO EN FERRO. TAMÉN É RICA EN AZÚCARES, VITAMINAS C E B, POTASIO E CAROTENOS. É ANTICANCERÍXINA E LAXANTE.

ESTÁ RIQUÍSIMA EN ENSALADA E É MOI FÁCIL DE CULTIVAR.

                       ANIMÁDEVOS A SEMENTALA NA HORTA!!

XA ESTAMOS AQUÍ!!

XA ESTÁN AQUÍ DE NOVO! GALOPÍN E TROTÓN VOLVEN COMO CADA ANO A VISITARNOS POLO ENTROIDO.

                         

                                                             PREPARADOS PARA A CARREIRA

 

                                                                 LOITA DE ESPADAS

 

TAMÉN VOLVE O NOSO AMIGO O CERVO PARA COMER TODAS AS FILLOAS QUE POIDA. E QUE BEN SE AGACHA DESPOIS!

 

                                                                          QUEN O ATOPARÁ?

QUE PESCADO MÁIS RICO!

ESTA SEMANA PASARON POLAS NOSAS ESCOLAS VARIOS MEMBROS DA ASOCIACIÓN ABAGAL (ANOREXIA E BULIMIA) PARA FALARNOS SOBRE OS ALIMENTOS DE ORIXE MARIÑO.

APROVEITAMOS A OCASIÓN PARA LEVAR A PROBAR O NOSO PEIXE MÁIS RICO: AS XOUBIÑAS.

 

 

  

 

  

A SARDIÑA EN LATA É UN ALIMENTO SAUDABLE ABUNDANTE EN ACEITES OMEGA 3 E VITAMINA D.

                            HAI QUE PROBALAS!!!

ACTIVIDADE FÍSICA E SAÚDE. GUÍA PARA PAIS E NAIS

INCLUIMOS AQUÍ UN ARQUIVO SOBRE ACTIVIDADE FÍSICA E SAÚDE MOI ACONSELLABLE PARA LER E POÑER EN PRÁCTICA.

DESDE HOXE MESMO.

RESULTADOS CUESTIONARIO

VELAQUÍ OS RESULTADOS DO CUESTIONARIO PASADO ÁS FAMILIAS SOBRE ACTIVIDADE FÍSICA HABITUAL:

SERÍA BO QUE REFLEXIONÁRAMOS UN POUCO SOBRE O TEMPO QUE NOS ADICAMOS A NÓS MESMOS, A COIDARNOS E MANTER O NOSO CORPO E A NOSA SAÚDE.

                 MOITO ÁNIMO, SAÚDE E DEPORTE PARA TODOS!

KIWIS

ESTA SEMANA PROBAREMOS OS KIWIS:

  FROITOS    FROITOS NA ÁRBORE FLOR DO KIWI

  MEDIO FROITO

O KIWI É ORIXINARIO DAS LADEIRAS DO HIMALAIA (SUR DE CHINA) A PRINCIPIOS DO SÉCULO XX FOI INTRODUCIDO EN NUEVA ZELANDA E DALÍ PASOU A COMERCIALIZARSE EN TODO O MUNDO.

TEN MÁIS VITAMINA C QUE A LARANXA, ADEMÁIS APORTA LUTEÍNA (UN COMPOSTO FITOQUÍMICO), COBRE, POTASIO, MAGNESIO E VITAMINA E. CONTÉN TAMÉN MOITA FIBRA. POR TODO ISTO REDUCE O RISCO DE CÁNCER E DE ENFERMEDADES CARDÍACAS.

AQUÍ EN GALICIA DASE MOI BEN, NA HORTA DE JOSE HAI UN MONTÓN. PROBÁMOLOS?


ESQUEMA CORPORAL

DESPOIS DE TRABALLALO AO LONGO DO 1º TRIMESTRE, ASÍ É COMO OS ALUMNOS/AS DO CRA VEMOS O NOSO CORPO:

                               

 

 

 

                               

 

 

                                   

GRANADA

 ESTA SEMANA ESTAMOS PROBANDO A GRANADA COMO PROPOSTA NO OBRADOIRO DE PROBADORES DE ALIMENTOS:

 

A GRANADA É UN FROITO ORIXINARIO DE ASIA (DA REXIÓN ENTRE IRÁN E A INDIA).

EN MOITAS CULTURAS CONSIDÉRANA O SÍMBOLO DO AMOR, DA FERTILIDADE E DA PROSPERIDADE.

POSÚE ANTIOXIDANTES, POTASIO, CALCIO, MAGNESIO, FERRO, ZINC, MANGANESO,... E VITAMINAS C, B, E. POR ISO LLE CHAMAMOS UNHA "SUPERFROITA".

E ADEMÁIS DE TODO ISO, É QUE ESTÁ BOÍIIIISIMA. ¿A QUE TAMÉN A IMOS PROBAR NA CASA?

ANIMÁDEVOS A PLANTAR UN GRANADO NO XARDÍN POIS TAMÉN SE UTILIZA COMO ÁRBORE ORNAMENTAL, AS FLORES SON PRECIOSAS E OS FROITOS DELICIOSOS.

POLIDEPORTIVO

ESTA SEMANA DISFRUTAMOS DA SESIÓN DE PSICOMOTRICIDADE NO POLIDEPORTIVO DE RIANXO.

LEVAMOS A CABO UN MONTÓN DE ACTIVIDADES CENTRADAS NO NOSO CORPO.

AQUÍ VAN UNS EXEMPLOS.

   

 

                

                

DESPOIS DE TANTO ESFORZO MERECEMOS UNHA MERENDA SAUDABLE:

 

E DESPOIS DE RECUPERAR FORZAS CONTINUAMOS CON XOGO LIBRE:

 

 

REMATAMOS A SESIÓN CUNHA MASAXE RELAXANTE EN PARELLAS:

                        

Distribuir contido