Educación Física

BIBLIOTECA MUNICIPAL E POLIDEPORTIVO

OS DÍAS 11, 12 E 13 DE MARZO AS ESCOLAS DO CRA REALIZARON UNHA VISITA A DOUS EDIFICIOS MUNICIPAIS: A BIBLIOTECA EO POLIDEPORTIVO.
SOFÍA E ÓSCAR FORON OS ENCARGADOS DE GUIARNOS NAS ACTIVIDADES QUE ALÍ REALIZAMOS

consulta a visita da

Escola de Pazo
Biblioteca   e  Polideportivo

Escola de Capela

Escola de Cruceiro

Escola de Rañó

POLIDEPORTIVO

UNHA MAÑÁ NO POLIDEPORTIVO PARA PRACTICAR O DEPORTE E A AMIZADE

DESPEDIDA

SorrisoE CHEGOU O VERÁN, E CON EL AS VACACIÓNS.

QUE RÁPIDO SE PASOU O CURSO E CANTAS COUSAS APRENDEMOS!!

TristeE  CHEGOU TAMÉN O MOMENTO DA DESPEDIDA.

RisaFORON MOITOS ANOS DE XOGOS, BAILES, CANCIÓNS, HABILIDADES,

DEPORTES, ...  E SOBRE TODO DE APRENDER A DIARIO, CONSTANTEMENTE. 

PARA MIN FOI UNHA EXPERIENCIA ÚNICA E IRREPETIBLE, SEMPRE LEVAREI

NO MEU CORAZÓN  AS ESCOLAS, AS FAMILIAS, OS COMPAÑEIR@S MESTR@S, E

SOBRE TODO ALUMNADO E AS EXPERIENCIAS VIVIDAS.

BesoMOITOS BICOS PARA TOD@S E NON ESQUEZADES ESTES TRES CONSELLOS:

- XOGADE MOITO.

- ALIMENTÁDEVOS BEN.

- PRACTICADE ALGÚN DEPORTE A DIARIO.


ESTE É O MEU RETRATO FEITO POR UNHA ALUMNA, A QUE QUEDEI GUAPA?

 

XOGOS CON PARACAÍDAS

PARA REMATAR O CURSO ADICAMOS UNHA SESIÓN A XOGOS COOPERATIVOS CON PARACAÍDAS. XOGAMOS A ONDIÑAS E TEMPORAL, AOS INTERCAMBIOS BAIXO O PARACAÍDAS, AO GATO E O RATO, O CANGREXO, FACEMOS PALOMITAS,... E O QUE MÁIS NOS GUSTA: AS OVELLIÑAS E O LOBO.

 

XIROS

DESPOIS DE TANTA ACTIVIDADE NO EXTERIOR RETORNAMOS Á NORMALIDADE, AO TRABALLO DE AULA. ESTA SEMANA ESTAMOS TRABALLANDO OS XIROS, OU VOLTERETAS, OU TOMBOS DE GATO, ... DE CANTAS MANEIRAS PODEMOS CHAMARLLES!!

PRIMEIRO FACÉMOLOS EN PLANO INCLINADO, QUE É MÁIS DOADO

A CONTINUACIÓN ATREVÉMONOS EN PLANO HORIZONTAL

            

PODEDES PROBAR TAMÉN NO VOSO TEMPO LIBRE, PERO SEMPRE EN SITIO SEGURO.

NON SE VOS OCURRA PRACTICAR NO SOFÁ OU NA CAMA!! QUE É PERIGOSO.

 

PIRAGÜISMO

O TEMPO METEOROLÓXICO NON ACOMPAÑOU, PERO SI A ILUSIÓN , O ENTUSIASMO E AS GAÑAS DE PROBAR ALGO DIFERENTE. PESE Á CHUVIA, SAÍMOS A REMAR!!

OS MONITORES DO CLUBE DE PIRAGÜISMO AS TORRES-ROMERÍA VIKINGA DE CATOIRA: ISMAEL, BELÉN, LUCAS E ADRIÁN EXPLÍCANNOS OS DIFERENTES TIPOS DE EMBARCACIÓNS E ESTILOS DE REMAR.

 

 

 A CONTINUACIÓN ATREVÉMONOS NÓS TAMÉN A PROBAR


MENTRAS, O RESTO DO GRUPO ATENDÍA AS EXPLICACIÓNS DE ISMAEL NO XIMNASIO

DESPOIS DE TANTO ESFORZO RECUPERAMOS ENERXÍAS CUNHA BOA MERENDA

A CONTINUACIÓN VISUALIZAMOS UN VIDEO QUE NOS PRESENTOU BELÉN

MOI ATENTOS ÁS EXPLICACIÓNS

E REMATAMOS VENDO OS TROFEOS QUE FOI ACADANDO O CLUBE AO LONGO DA SÚA TRAXECTORIA, AQUÍ VEDES UNHAS MOSTRAS. HAI MOITOS MAIS!!

PINCHADE AQUÍ PARA VER A PRESENTACIÓN DAS FOTOS


PIRAGÜÍSMO

O MARTES 5 DE XUÑO, DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE, O ALUMNADO DE PRIMARIA REALIZOU NAS MARXES DO RÍO ULLA ACTIVIDADES DE SENDEIRISMO E PIRAGÜÍSMO EN COLABORACIÓN CO CLUB DEPORTIVO  "AS TORRES" DE CATOIRA.

visualiza a nova en

ESCOLA DE PAZO

DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA

XORNADA SAUDABLE EN FAMILIA

O SÁBADO 2 DE XUÑO O CRA DE RIANXO, A TRAVÉS DO SEU DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA, ORGANIZOU EN COLABORACIÓN CO CLUB DE PIRAGÜÍSMO DE CATOIRA UNHA XORNADA FAMILIAR DE ACTIVIDADES SAUDABLES.

ver a xornada no

DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA

XORNADA SAUDABLE

 XORNADA SAUDABLE

 

DENTRO DO PROGRAMA DE EDUCACIÓN PARA  A SAÚDE QUE ESTAMOS DESENVOLVENDO NO CRA PROMOVEMOS UNHA XORNADA SAUDABLE QUE SE LEVOU A CABO ESTE PASADO SÁBADO DÍA 2 DE XUÑO.

ALUMNADO E FAMILIAS XUNTÁMONOS FRENTE ÁS INSTALACIÓNS  DO CLUBE DE PIRAGÜISMO AS TORRES-ROMERÍA VIKINGA DE CATOIRA.

MENTRAS MANUEL ISORNA IMPARTÍA UNHA CHARLA PARA OS ADULTOS CO TEMA: FAMILIA E DEPORTE. INFLUENCIA DO MODELO FAMILIAR. OS PEQUENOS TIVEMOS UNHA SESIÓN DE XOGOS COOPERATIVOS.


A CONTINUACIÓN PREPARÁMONOS PARA EMBARCAR E PRACTICAR REMO EN FAMILIA

 

 

FIXEMOS UN PEQUENO PASEO POLA SENDA DO RÍO ULLA

 

 AO REMATE DO PASEO AGARDÁBANOS UNHA SORPRESA

 

O FREDERIKSUND É UN BARCO CONSTRUIDO NA CIDADE DANESA DO MESMO NOME, HERMANADA CON CATOIRA DESDE HAI VARIOS ANOS, SEGUINDO OS MÉTODOS TRADICIONAIS DAS CONSTRUCCIÓNS VIKINGAS.

É INDESTRUCTIBLE!


 

 DESDE O BARCO VIKINGO VIMOS COMO ANXO ENTRENABA COA SÚA PIRAGUA DE COMPETICIÓN.

 

 AO REMATE DA TARDE MERENDAMOS TODOS XUNTOS NO PARQUE

 

E AÍNDA TIVEMOS TEMPO PARA PARA COMPARTIR XOGOS

 

FOI UNHA XORNADA BEN BONITA E BEN APROVEITADA!

VELAQUÍ UNHA PEQUENA PRESENTACIÓN  

 

 




POLIDEPORTIVO

OS DÍAS 28, 29 E 30 DE MAIO REALIZARANSE AS SESIÓNS DE PSICOMOTRICIDADE NO POLIDEPORTIVO DE RIANXO.
ESTA ACTIVIDADE COMPLEMENTARASE CUNHA VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL E UN BREVE RECORRIDO GUIADO POR DISTINTOS ESPAZOS RIANXEIROS.

*

 ver a actividade en

DEPARTAMENTO EDUCACIÓN FÍSICA

ESCOLA DE PAZO

ESCOLA DE CAPELA

Distribuir contido