Club "Frores do meu amigo"

Espazo para a lectura compartida

UNHA FLOR PARA DANIEL

A DIRECTORA DE ESCEA, ACTRIZ E MEMBRO DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CRA DE RIANXO, TERO RODRÍGUEZ, CONVÍDANOS A PARTICIPAR NUNHA SESIÓN DO CLUB DE LECTURA "FRORES DO MEU AMIGO" ADICADA Á OBRA DE ROBERTO VIDAL BOLAÑO, AUTOR HOMENAXEADO ESTE ANO NA CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS.

A ACTIVIDADE, ABERTA A TODAS AS PERSOAS INTERESADAS EN COMPARTIR O GOCE DA LECTURA, DESENVOLVERASE O XOVES 11 A PARTIR DAS 16 H. NA BIBLIOTECA DE DANIEL, SITA NA SEDE DO CRA, EN ATALAIA, ASADOS.

PRÓXIMA XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA.

Compañeiros e compañeiras de club:


A nosa vindeira xuntanza terá lugar o mércores 13 de marzo na biblioteca do CRA (Asados), con horario de 16:00 a 18:30 h.


Nesa data recibiremos a visita de Sabela Lahuerta, mestra no CEIP de Vide (As Neves) que nos aportará as súas experiencias sobre a organización e xestión da biblioteca escolar dun CRA, no cal traballa moi directamente coas familias, tal e como recolle no seu blog: http://aldeatotal.blogspot.com/. Por suposto, unha vez máis as familias estades convidadas...


Saúdos.

ROTEIRO DO CLUB DE LECTURA

O Club de lectura "Frores do meu amigo" realizou o xoves 14 de febreiro un roteiro á Aldea vella de Abuín e ós Petróglifos dos Mouchos.

A andaina foi guiada por un bo grupo de veciñas e veciños que quixeron compartir cos membros do club a súa paisaxe e a súa historia.

FRORES DO MEU AMIGO

O CLUB DE LECTURA PARA ADULTOS " FRORES DO MEU AMIGO"  VOLVEU  REUNIRSE NO DERRADEIRO XOVES DO MES DE XANEIRO NA ESCOLA DE ABUÍN.
A LECTURA, A CONVERSA ENTRE AMIGOS, UNHA BOA MERENDA E O XOGO DOS NOSOS CATIVOS PROTAGONIZARON O ENCONTRO DOS MEMBROS DO CLUB.

A VINDEIRA XUNTANZA VAI TER LUGAR O XOVES 14 DE FEBREIRO NOVAMENTE NA ESCOLA DE ABUÍN E INCLUIRÁ UN ROTEIRO Á ALDEA ABANDONADA

consulta o espazo do club neste portal.

PRÓXIMA XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA.

Queridos compañeiros e compañeiras de club:


 A nosa próxima xuntanza terá lugar o Xoves, 31 de xaneiro na Escola de Abuín, en horario de 16:00 a 19:00 h. Namentres, podedes continuar participando de xeito virtual nesta nosa web.


Agardámosvos a todos e todas e, dende aquí, aproveitamos unha vez máis para animar ás familias e ó resto do profesorado a participar posto que, de seguro que cantos máis sexamos, máis enriquecedora será a experiencia.


SAUDIÑOS E BOAS LECTURAS!!!


 

CONTOS ANIMADOS

O Club de lectura "Frores do meu amigo" contou o xoves 17 coa presenza de dous profesionais da Editorial OQO, quen, ante a imposibilidade da asistencia da escritora Eva Mejuto, foron os encargados de introducirnos na animación de contos a partir da técnica do "stop motion" .
Na sesión participou tamén profesorado do CEIP Castelao
.

O ALENTO NAS COSTAS

CONSTITUCIÓN DO GRUPO DE LECTURA

Constituiuse o Club de lectura "Frores do meu amigo" coa presenza dun animoso grupo de nais, avoas e mestras e mestres do CRA de Rianxo. "O alento nas costas", de Natalia Carou, foi a obra que se seleccionou para estrear a lectura compartida.
Esta novela está xa recomendada a partir dos 12 anos, polo que este dato nos serviu tamén de estímulo para animar ós xóvenes das nosas casas a compartir a súa lectura connosco

A OBRA SELECCIONADA

Segundo podemos ler na páxina web de Baía Edicións, "a novela comeza cun soño estraño de Mireia, xornalista dunha revista esotérica de Madrid. O soño transcorre nunha aldea preto do lugar natal da protagonista, na Idade Media. Ela ten a sensación estraña de que o personaxe dos seus soños lle quere comunicar algo. Decide retornar á súa aldea dez anos despois de marchar, apremada por un problema de drogas, para facer unha reportaxe para a revista na que traballa."

A AUTORA

Natalia Carou Figueroa (1974) é natural de Boiro, pero a súa familia paterna é de Rianxo.

Entrevista á autora no diario "La Voz de Galicia"

A ALDEA MEDIEVAL

A protagonista da obra ten un sono que trancorre nunha antiga aldea abandonada dende hai séculos polos seus habitantes, a "aldea maldita" de Abuín.

Podemos atopar novas relacionadas coa aldea maldita no portal do CRA:

A aldea maldita

Camiño esquecido

ou na prensa

Séculos de medo nunha aldea de Rianxo

FRORES DO MEU AMIGO

UN ESPAZO PARA A LECTURA COMPARTIDA...

CLUB DE LECTURA

A BIBLIOTECA DOS "AMIGOS E AMIGAS DE DANIEL" CONSTITUIU NESTES DÍAS O CLUB DE LECTURA "FRORES DO MEU AMIGO", ABERTO ÓS MEMBROS ADULTOS DA COMUNIDADE ESCOLAR.

A PRIMEIRA XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA TIVO LUGAR O XOVES 13 DE DECEMBRO, ÁS CATRO DA TARDE,  NA BIBLIOTECA DA SEDE EN ATALAIA, ASADOS

Consulta  aquí o espazo do Club de Lectura no noso portal

Distribuir contido