Club "Frores do meu amigo"

Espazo para a lectura compartida

LECTURA COMPARTIDA

O CLUB DE LECTURA "FRORES DO MEU AMIGO" CONVOCA UN ENCONTRO DE TODAS AS PERSOAS DA COMUNIDADE EDUCATIVA INTERESADAS EN COMPARTIR O SEU ACERCAMENTO Á OBRA DE J.D. SALINGER "EL GUARDIÁN ENTRE EL CENTENO" . A CITA, XOVES 27 NA ESCOLA DE CRUCEIRO A PARTIR DAS 16:30 h

LECTURA COMPARTIDA TAMÉN EN TEMPO DE ENTROIDO.

FORMACIÓN PARA FAMILIAS E PROFESORADO

O CLUB DE LECTURA "FRORES DO MEU AMIGO" CONVIDA AO PROFESORADO E  FAMILIAS DA SÚA COMUNIDADE EDUCATIVA A PARTICIPAR NUNHA SESIÓN DE FORMACIÓN E REFLEXIÓN SOBRE
A XESTIÓN DA CONVIVENCIA E A RESOLUCIÓN DE CONFLITOS NA INFANCIA

A ACTIVIDADE SERÁ PRESENTADA POR JACOBO MOSQUERA, EDUCADOR SOCIAL , E DESENVOLVERASE O XOVES 20 DE FEBREIRO DE 16:00 A 19:00h NA BIBLIOTECA DO CRA, EN ATALAIA, ASADOS

"EL GUARDIÁN ENTRE EL CENTENO"

 J.D. Salinger desvélanos en " EL guardián entre el centeno"  a realidade de Holden Caulfield, un adolescente enfrontado ó fracaso escolar, ás ríxidas normas da súa familia, á experiencia da sexualidade, a súa soedade. 

Millóns de adolescentes e de lectores de todas as idades teñen seguido os pasos de Caulfield dende a publicación da obra en 1951 e son numerosos os centros educativos que a escollen como obxecto de estudo.

Agora, é o Club de lectura "Frores do meu amigo" quen propón que nos adentremos nas súas páxinas como unha experiencia de lectura compartida.

FORMACIÓN PARA FAMILIAS E PROFESORADO

O CLUB DE LECTURA "FRORES DO MEU AMIGO" CONVIDOU AO PROFESORADO E  FAMILIAS DA SÚA COMUNIDADE EDUCATIVA A PARTICIPAR NUNHA SESIÓN DE FORMACIÓN E REFLEXIÓN SOBRE A
XESTIÓN DAS EMOCIÓNS NA INFANCIA

A ACTIVIDADE  FOI PRESENTADA POR ESTHER DOMINGUEZ DUBRA, MESTRA NO CEIP ORTIGUEIRA DE VEDRA , E DESENVOLVEUSE O XOVES 30 DE XANEIRO DE 18:00 A 20:00h NA BIBLIOTECA DO CRA, EN ATALAIA, ASADOS

ENCONTRO DO CLUB DE LECTURA

O Club de lectura "Frores do meu amigo" do CRA de Rianxo reuniuse na escola de Cruceiro o xoves 23 para gozar unha vez máis da conversa, da lectura compartida... e dalgún que outro biscoito

ver " O curioso incidente do can á media noite"

"O CURIOSO INCIDENTE DO CAN..."

Comeza unha nova etapa do club de lectura "Frores do meu amigo". A primeira xuntanza, realizada na escola de O Pazo, desenvolveuse engalanada polos contos da vida, o xogo dos meniños, dous saborosos biscoitos e a escolla do primeiro libro obxecto da lectura compartida

O libro

"O curioso incidente do can á media noite" Pulp Books. (Rústica,2013)

"El curioso incidente del perro a medianoche".Salamandra (Bolsillo)

"O curioso incidente do can á media noite". Rinoceronte (2008)

Christopher John Francis Boone ten quince anos. Sábese todos os países do mundo e as súas capitais. E todos os números primos ata o 7.507.
Pero non comprende as expresións humanas. E non gosta de que lle toquen.
Unha noite Christopher atopa a Wellington morto
.

O autor

Mark Haddon naceu en 1962 en Inglaterra. É lustrador, pintor, poeta, profesor de escritura creativa e guionista de televisión. Traballou tamén con nenos con dificultades físicas e psíquicas. No ano 2003 decicidiu escribir unha mesma novela en dous formatos: infantil e adulto. O resultado é "O curioso incidente do can á media noite", que acadou grande recoñecemento internacional

 

FRORES DO MEU AMIGO

O CLUB DE LECTURA DE ADULTOS DO CRA INICIOU ESTE CURSO UNHA NOVA AVENTURA DE LECTURA COMPARTIDA.
A PRIMEIRA SESIÓN DESENVOLVEUSE NA ESCOLA DO PAZO O XOVES 12 DE DECEMBRO.

ver

"O CURIOSO INCIDENTE DO CAN..."

ROTEIRO ARQUEOLÓXICO

O CLUB DE LECTURA "FRORES DO MEU AMIGO" DO CRA DE RIANXO PROGRAMOU, O XOVES 30 DE MAIO, UN ROTEIRO ARQUEOLÓXICO ÁS "COVAS DOS MOUROS" (MÁMOAS DOS CAMPIÑOS) E Ó PETRÓGLIFO DO FOXO VELLO, EN LEIRO.


ROTEIRO ARQUEOLÓXICO DO CLUB DE LECTURA "FRORES DO MEU AMIGO".

Mañá, xoves 30 de maio, terá lugar unha nova xuntanza do Club de lectura "Frores do meu amigo" para realizar un roteiro arqueolóxico que incluirá a visita ás mámoas "Os Campiños". Partiremos da Escola de Rañó arredor das 16:00 h. Coma todas as actividades propostas polo Club, será unha actividade aberta a toda a comunidade educativa e animamos, unha vez máis, a mestres, familias e veciños a participar.


SAÚDOS E ATA MAÑÁ!


Distribuir contido