ANPA

PARTICIPACIÓN DA ANPA DO CRA NA II FEIRA DE ASOCIACIÓNS DE RIANXO

A Anpa "Irmáns Ínsua" do Cra de Rianxo vai participar na Feira de Asociacións que por segundo ano consecutivo o Concello de Rianxo organiza no Martes de Antroido no Campo de Arriba. Trátase de que pasemos xuntos unha tarde divertida, que entremos en contacto con outras asociacións, que deamos a coñecer aos veciños o que é o Cra e as vantaxes de estudar nel... Para todo isto imos ter un posto no que se farán no momento filloas e chocolate quentiño, e tamén venderemos orellas e rosquillas da casa. O posto será moi bonito porque lembrará ás nosas escolas, grazas aos debuxos das nosas nenas e nenos, que lucirán alí durante a xornada. Iremos todas e todos disfrazados porque o profesorado do Cra está colaborando con nós facilitándonos estes debuxos e emprestándonos a súas batas de traballo... A pérgola e todos os trebellos para facer as filloas veñen da casa de Luísa da Vacariza... e o resto da infraestrutura e a organización xeral corre a cargo dunha moi competente comisión de nais e pais da Escola do Outeiro. Aínda así, para que o éxito estea asegurado é preciso a colaboración de nais e pais de todas as escolas (sexan ou non socios da Anpa). 

Precisamos:

  1. Unha bandexiña de orellas ou rosquillas de cada escola 
  2. Que o día da Feira se complete o horario de atención ao público. A Comisión do Outeiro estableceu as seguintes quendas para repartirnos o traballo: 

15:00-16:00.  Outeiro + Vacariza

16:00-17:00. Cruceiro

17:00-18:00. Pazo + Cuvide

18:00-19:00. Rañó

19:00-20:00. Capela + Quintáns

20:00-21:00. Abuín + Outeiro 

As escolas escollidas para cada hora serán as encargadas de levar a "xerencia" do posto nese momento... pero a axuda, a compañía, a música e o ambiente festivo agradecerase durante toda a xornada.
ÁNIMADEVOS A PARTICIPAR!!!! 

A ANPA IRMÁNS ÍNSUA ORGANIZA UN CLUB DE LECTURA PARA TODOS OS NENOS E NENAS DA ESCOLA

Este mércores 6 de febreiro na Escola de O Pazo a Anpa do Cra de Rianxo comeza co seu Club de Lectura. A actividade é totalmente gratuíta e aberta a todas as crianzas do Cra. Os nenos e nenas asistirán acompañados dun adulto que se fará cargo deles e que tamén poderá gozar coa lectura e con outras propostas moi creativas e divertidas. O horario é de 16:30 a 18:30. Traede a merenda e, se queredes, tamén aos avós!!! Animádevos, ímolo pasar moi ben!

ALERTA MÉDICA

Estase facendo pública a través das redes sociais unha alerta médica sobre o medicamento infantil JUNIFEN AL 4, que afecta ao lote G07 por estar contaminado. Desde a Anpa falamos cunha farmacéutica que nos confirmou que a noticia é certa e que as farmacias teñen orde de retirar ese medicamento. Trátase dun xenérico de Ibuprofeno, que se utiliza para as mesmas patoloxías que o Dalsy. Se alguén o está tomando debe suspender o tratamento e levar o medicamento a unha farmacia. 

Un saúdo

Anpa "Irmáns Ínsua" do C.R.A. de Rianxo

CONVOCATORIA MANIFESTACIÓN EN SANTIAGO PARA DOMINGO 27 DE XANEIRO

A Plataforma “Queremos Galego” convoca a unha manifestación unitaria co lema “Pola lingua que nos une. Queremos galego na escola” que sairá este domingo 27 de xaneiro ás 12 h desde a Alameda de Santiago. A Plataforma, impulsada e coordinada pola Mesa pola Normalización Lingüística, está conformada por máis de 700 entidades diferentes. Sairá un autobús da Comarca da Barbanza que pasará polo Peirao Sete Fogas aproximadamente ás 11 horas (horario orientativo). Prezo 3.00 €. Horario orientativo. Máis información: 981873654 ou na propia páxina Web da plataforma: http://www.queremosgalego.org/

 

CONVOCATORIA DE CONSELLO ESCOLAR

Está convocada a celebración do Consello Escolar para este martes 29 de xaneiro de 2013 ás 18:15 na Sede do Cra en Asados.

Como sabedes, temos uns representantes das nais e pais que estarán alí. Tamén acudirán representantes do profesorado, a dirección do centro, unha representante do Concello de Rianxo... E tamén teremos un/unha representate da Anpa Irmáns Ínsua. É por iso que vos suxerimos que vos poñades en contacto con nós se hai algún tema que queirades que sexa tratado nesa reunión. Podedes facelo a través desta páxina, a través do facebook, mediante o correo electrónico crarianxoanpa@gmail.com, nos teléfonos 654721393 - 981866688, ou dirixíndovos persoalmente aos representantes que a Anpa ten en cada escola.  

Animádevos a participar na educación dos vosos fillos e fillas... hai moito en xogo!!!

CURSO FORMACIÓN DIRECTIVOS DE ANPAS

O sábado dous de febreiro de 11 a 2 da tarde vai celebrarse en Riveira un Curso de Formación de directivos de Anpas impartido polos membros da Federación de Anpas de A Coruña. A este curso poden asistir non só as persoas que formen parte das directivas das Anpas de Riveira, senón de toda a Barbanza e todo aquel que estea interesado en crear un Anpa ou asociación similar. Aínda non se sabe en que lugar de Riveira se vai celebrar, en canto estea decidido comunicarase. 

Un saúdo

 

Teresa, mamá de Dália, Escola de Cruceiro. 

REUNIÓN ANPA IRMANS INSUA DO CRA DE RIANXO

Hoxe, venres 18 de Xaneiro, houbo unha reunión na Sede de Asados da que saíu unha xestora para formar unha nova directiva da Anpa do Cra de Rianxo Irmáns Ínsua. Falta representación das escolas de O Pazo, Outeiro e Quintáns. Confiamos en que antes de que se constitúa definitivamente a nova directiva as nenas e nenos desas tres escolas consigan que alguén os represente. 

Grazas a Tobías por vir apoiarnos e informarnos de cousas que descoñecíamos.

Se hai alguén interesado en formar parte desta nova directiva pode poñerse en contacto por teléfono (654721393 - 981866688) ou vía e-mail crarianxoanpa@gmail.com. 

Lembrarvos que tamén temos unha páxina de facebook. Para pedir amistade é preciso enviar unha mensaxe identificándovos como pais, nais, titores... dalgunha das escolas. 

Moito ánimo a todas e todos e parabéns por comprometervos coa educación dos vosos fillos e fillas. 

 

Teresa, mamá de Dália, escola de Cruceiro. 

EXCURSIÓN DA ANPA

A ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS  "IRMÁNS ÍNSUA", DO CRA DE RIANXO, ORGANIZA PARA O VINDEIRO 7 DE XULLO, A PARTIR DAS 9:00H., UNHA EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO Ó ZOO DE VIGO E Á PRAIA DE SAMIL.

 A ACTIVIDADE, GRATUÍTA PARA OS SOCIOS, TERÁ UN PREZO DE 15 EUROS POR ADULTO E DE 12 POR NENO PARA AS FAMILIAS QUE NON SEXAN SOCIAS DA ANPA.
A DATA LÍMITE PARA REALIZAR A INSCRIPCIÓN É O 2 DE XULLO.


ANPA IRMÁNS INSUA EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO

O vindeiro sábado 16 de xullo, terá lugar a excursión de fin de curso que cada ano organiza a ANPA IRMÁNS ÍNSUA.

Un ano máis será ao parque acuatico de Cerceda.

A saida será as 9:00

Prezo por persoa:

Socios máis un acompañante irán gratis

Non socios: nenos/as ata 12 anos: 10 euros, adultos 15 euros.

CONTACTAR CON: Luisa '635 627 081 ou con algún membro da directiva da ANPA

TEATRO

A A.N.P.A. "IRMÁNS ÍNSUA" DO CRA DE RIANXO VEN DE CONVIDAR A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA A UNHA DOBLE SESIÓN DE TEATRO NO AUDITORIO MUNICIPAL.

POR UNHA BANDA, A DESTERNILLANTE REPRESENTACIÓN DE " OS SETE MAGNÍFICOS MÁIS UN " (QUE VEÑEN SENDO DOUS...).

POR OUTRA, A MOSTRA DO TRABALLO REALIZADO NO OBRADOIRO DE TEATRO PROMOVIDO POLA ASOCIACIÓN DE PAIS E NO QUE PARTICIPAN NENOS DA VACARIZA, PAZO, CAPELA, CRUCEIRO...(E QUE VEÑEN SENDO MÁIS DE SETE ...)

FOI UNHA MAÑÁ BEN TEATREIRA !!!


Distribuir contido