ANPA

Clube de lectura

Este xoves 6 de novembro na biblioteca da sede do Cra en Asados a Anpa comeza co seu clube de lectura. Esta actividade e totalmente gratuíta e aberta a todos os nenos. Asistirán acompañados dun adulto que se terá que facer cargo deles e o mesmo tempo poderá disfrutar coa lectura e con outras propostas moi divertidas e creativas. Comezará as 16.30. Traede a merenda e se queredes convidar os vosos amigos tamén podedes. ¡¡¡¡Animádevos que vos estamos agardando!!!!

CLUBE DE INGLÉS DE RIANXO

Bo día,

Co ánimo de difundir unha iniciativa sen dúbida de interese, o Club de Inglés de Rianxo, que xa vai polo seu terceiro ano, e previa solicitude das súas representantes, resúltanos grato informalo/a de que o mencionado Club retoma as actividades coa seguinte planificación:

Iniciación 0: Para aquelas persoas que non saben nada de inglés.
Iniciación 1: Para quen xa tivera estudado inglés nalgunha ocasión.
Conversación: Para todas aquelas persoas que queiran practicar o seu inglés falando de temas diversos.

As sesións serán os mércores, co seguinte horario:

Iniciación 0: Todos os mércores de 19:00 a 20:00 horas
Iniciación 1: Todos os mércores de 20:00 a 21:00 horas
Conversación: Mércores alternos de 21:00 a 22:00 horas

Como en edicións anteriores, o lugar de reunión será a cafetería el Club Náutico de Rianxo, sendo preciso inscribirse de novo para recibir un correo semanal informando das actividades da semana en clubinglesrianxo@gmail.com.

O Club de Inglés Rianxo ven sendo unha iniciativa cidadá, independente e gratuíta, que ten como obxectivo iniciarse, perfeccionarse ou simplemente conversar en inglés. Entre os seus membros hai persoas nativas, mestras xubiladas e outros e outras voluntarios e voluntarias. O único custo consiste en consumir algo no bar -como xesto de agradecemento por permitir desenvolver as actividades no seu local- e unha contribución de 1€ ao teacher´s bote -cando sexa preciso-, para o convite das profesoras.

Os Club recibirá cos brazos abertos a todas aquelas persoas de Rianxo, e de fora de Rianxo, con ganas aprender e de falar... en inglés.

NOITE DE ACAMPADA NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE RIANXO

Por segundo ano, a Biblioteca Pública de Rianxo organiza unha acampada para a noite do venres 24 de Outubro para nenos e nenas acompañados de algunha persoa adulta. Música, xogos, contos... e moitas sorpresas. Hai prazas limitadas, así que hai que ir anotarse canto antes. 

ALGUÉN ESTÁ ROUBANDO ALGO ÁS NOSAS CRIANZAS

 


AS FAMILIAS TEMOS A OBRIGA DE DEFENDER OS DEREITOS DAS NOSAS CRIANZAS
O que comenta o artigo de A Voz de Galicia de hoxe domingo 5 de outubro, tamén afecta ao Cra, que ten que renunciar aos talleres de linguaxe que facía cos nenos e nenas, porque lle quitan a dedicación exclusiva ao profesor de audición e linguaxe por compartilo co Castelao. As familias do Cra temos a obriga de reclamar que se respecte o dereito dos nosos fillos e fillas a recibir a educación que merecen e que lles corresponde por lei. A dedicación exclusiva dun/ha profesional de audición e linguaxe está contemplada por "catálogo" desde hai máis de dez anos para este centro. Así que é de Lei que o teñamos. Alguén lle está roubando algo ás nosas crianzas!!!

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/2014/10/05/ampa-castelao-denuncia-falta-profesor-apoyo/0003_201410B5C11991.htm#.VDDuJodEAks.facebook

CONTACONTOS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE RIANXO

 

Mañá sábado ás 12 na Biblioteca de Rianxo grandes e pequenos/as poderemos divertirnos con O SOÑO DO RATO, un conto que vai traer Olga Abad a través da compañía Intres. Non o perdades!!!

PRIMEIRA ASEMBLEA DA ANPA PARA O CURSO 2014-2015

 

FAMILIAS DO CRA DE RIANXO
Lembrade que hoxe ás 8 (primeira convocatoria ás 7:30) celébrase a primeira Asemblea da Anpa Irmáns Ínsua para este curso. Será na Sede (Atalaia, Asados). Non vos despreocudes deixando nas mans de outros a educacións dos vosos fillos e fillas.

ATENCIÓN. TRASLADO DO LUGAR DE REUNIÓN: SEDE DO CRA (ASADOS) xoves 11 ás 20 horas.

 

 
 

 

                                                                                           
A reunión que se ía celebrar no Colexio Castelao non se vai celebrar, porque a consellería mellorou as condicións dese centro. Non obstante, mantense o recorte do profesor de audición e linguaxe para o alumnado do Cra. Por todo isto, no mesmo día e hora, xoves 11 ás 20 horas, a dirección do CRA nos informará de como nos vai afectar este recorte de profesorado.

OS RECORTES SEGUEN CHEGANDO AO CRA NO CURSO 2014-2015

Iniciamos o curso escolar coa triste noticia de que no Cra recortan a dedicación do profesorado especialista en audición e linguaxe. Ata este curso dispoñíamos dun profesional con xornada completa, e agora imos compartilo co Colexio Castelao. A razón para reducir non está en que se reduciron as necesidades, senón en que se reduce o diñeiro que se quere dedicar. Novamente, xestiónase a escola dos nosos fillos e fillas con criterios empresariais. Todo o alumnado se verá perxudicado, porque estes especialistas, ademais de ter unha atención individual ás crianzas con máis dificultade, estaban dedicando tamén un tempo á semana a traballar nas aulas con todas as nenas e nenos. 

É deber das nais e pais defender os dereitos dos nosos fillos e fillas mentres eles non poden facelo. 

Por iso, desde a Anpa, pedimos ás familias que acudan o xoves 11 ás 20 horas a unha reunión informativa que haberá no Colexio Castelao, para ver a maneira de defender o dereito dos nosos nenos e nenas a un ensino de calidade. 

 

ACAMPADA NA BIBLIOTECA PÚBLICA CASTELAO

O día 24 de Outubro, este xoves, celébrase o día da Biblioteca, e é por iso que na Biblioteca Municipal de Rianxo ao día seguinte, venres, imos acampar alí. Se queres participar, prepara as túas cousas e ven durmir con nós.

Faranse moitas actividades: teatro, obradoiros, xogos, animación á lectura, contacontos,..

Está destinado a un público familiar para nenos/as a partir de 4 anos e acompañados por unha persoa adulta.

As prazas son limitadas así que, se estás interesado/a en participar ou precisas máis información, acode á Biblioteca (tlf. 981 86 02 72 ou o correo biblioteca@concelloderianxo.es). O prazo para anotarse remata mañá mércores. 

Anímate!!!

LEMBRADE QUE HOXE TEMOS ASEMBLEA XERAL!

Tal e como se comunciou nunha circular hai días, hoxe venres 11 de outubro temos a primeira asemblea para este curso. Ás 20:00 horas na Sede de Asados. Non faltedes! Non deixedes que outros decidan por vós!

Esperámosvos.

Anpa "Irmáns Ínsua" do Cra de Rianxo.

 

Distribuir contido