ANPA

CURSOS DA ANPA 2015/2016

OFERTA DE CURSOS DA ANPA 2015/2016

BOS DÍAS FAMILIAS. ESTAS ACTIVIDADES COMEZARÁN O  5 DE NOVEMBRO... E TI NON VAS VIR? CONTAMOS CON TODOS...

 

 

 

 

Clube de lectura infantil

 

Bos días a tod@s, o vindeiro mércores 25 de marzo

agardámosvos ás 16.30 na escola de Abuín para o

clube de lectura. Non faltedes e animadevos xa

que si o tempo nos acompaña daremos un paseo pola

aldea.

Clube de lectura infantil

 

Boas tardes amig@s, o vindeiro xoves día 12 estaremos de novo na sede do cra en Asados para pasar unha tarde divertida no clube de lectura, onde despois de leer uns cantos libros faremos divertidas carautas para carnavales, e si queres podes vir disfrazado.

E nos vos esquezades que o venres 13 vemonos no cole de Rañó para pasar unha maña moi amena cunha festa de disfraces.

30 de xaneiro. Dia escolar da non violencia e a paz

O vindeiro venres celebrámos nos nosos coles o día escolar da non violencia e da paz.

"Amor universal, non-violencia e paz. O amor universal e mellor que o egoísmo, a non-violencia e mellor que a violencia e a paz e mellor que a guerra"

 

Clube de lectura infantil

O vindeiro xoves día 29 de xaneiro retomamos o clube de lectura. Será como sempre na biblioteca da sede as 16:30 asi que xa sabedes non podedes faltar a cita cos libros e a pasar unha tarde moi divertida.

Festival de nadal 2014

Mañá venres esperámovos no Auditorio de Rianxo de 09:45 á 12.30 para ver os nosos cativos no Festival de nadal "Descubrindo o mundo".

As 11.50 teremos unha visita moi especial. Non podedes faltar.

A Anpa Irmáns Insúa deséxavos un bo nadal e un prospero ano novo.

 

 

 

Clube de lectura infantil

Boas tardes, o vindeiro xoves a anpa irmáns insúa volve convidarvos o clube de lectura. Será coma sempre na biblioteca da sede as 16.30. Vinde coas pilas recargadas xa que vai a ser unha tarde chea de risas e moi movidiñaaa. Non faltedes.

Clube de lectura infantil

¡Boas amig@s! Como podedes ver a choiva non nos quere abandoar e a Annpa quere que estas tardes chuviosas e de outono se vos fagan máis amenas, para iso queremos convidarvos o vindeiro xoves día 20 a que nos acompañedes no clube de lectura. Será na biblioteca da sede as 16.30. Agardamosvos.

Distribuir contido