ANPA

Pesentación guía de lectura do concello

Hoxe pola tarde como se nos indica no cartaz terá lugar a presentación da guía de lectura do concello, en representación do CRA de Rianxo asistirá a aula de Pazo Primaria. Os nosos nenos recitarán poemas da obra "Poemar o mar" de Antonio García Teijeiro.

Animádevos a participar!

Imaxes da actividade

Un contacontos especial

O martes 5 de decembro tivemos un contacontos moi especial. Iria, que foi alumna no C.R.A. realizou a sesión de contacontos coa axuda de María a nosa profesora da Escola  Outeiro.

Aos nenos e ás nenas encantoulles o conto e a sesión de Biblioteca.

Moitas gracias Iria e María.

 

Encantounos o conto e a sesión de Iria e de María
   
   

Tardes con Daniel

ACTIVIDADE ORGANIZADA POLA ANPA IRMÁNS ÍNSUA DO CRA DE RIANXO

TARDES CON DANIEL

Este martes 7 de novembro a nosa biblioteca abre as súas portas de novo en horario de 16:-18:00 horas. Daniel invítanos a pasar unha tarde divertida lendo contos marabillosos. Ao redor das 17:00 h a profe María de Capela vainos contar o conto Os tres osos. Anímadevos a participar.

(No tríptico informativo da biblioteca para este primeiro trimestre anunciábasenos este contacontos para o día 14 de novembro, por problemas organizativos do centro tivemos que facer un cambio entre os días 7 e 14).

TARDES CON DANIEL

Este martes 31 de outubro, a Biblioteca de amigos e amigas de Daniel abre as súas portas para todos vos, dende as 16:00 ata as 18:00 h.As cinco a profe Tamara cóntanos "Corre corre cabaciña" Agardámosvos para pasar unha aterradora tarde de Samaín todos xuntos!

A ANPA IRMÁNS INSUA PROPÓN MELLORAS PARA OS PATIOS

VENRES 20 DE OUTUBRO 2017

Irene, Tamara e Ana en representación da ANPA, Irmáns Insua, reúnense co director do colexio

para realizar propostas de mellora dos patios escolares.

Suxiren a posibilidade de poñerse

en contactocoa Asociación Alados

de EducaciónMedioambiental

para intervirnos patios escolares. 

A Asociación realiza propostas de intervención

coas que elaborar elementos de xogo

aproveitando recursos do medio natural.

 

Na reunión suxeriron tamén a posibilidade

de organizar plantacións de árbores

e plantas para humanizar os patios

e tamén como xeito de fomentar

a educación medioambiental

dos nenos e das nenas e das familias.

Como actividades de educación medioambiental valoraronse:

A realización de pequenas rutas de sendeirismo

Organización de charlas con persoas coñecedoras do medio natural

Outros asuntos que se trataron foron a realización de actividades de formación

para as familias. Tamén se ve necesario coñecer mellor as preocupacións e intereses

das familias a través de cuestionarios.

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 

Este martes 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas. Nós celebrarémolo nas nosas bibliotecas de aula. Trala festa lectora ensinarémosvos todo o que fixemos nas aulas.

Feliz Día das Bibliotecas e felices lecturas!!

TARDES CON DANIEL

Mañá martes 17 de outubro a Biblioteca de Daniel abre as súas portas para nos ofrecer unha tarde de ledicia entre libros, no seu horario habitual de 16:00-18:00h. O contacontos, que terá lugar como sempre ao redor das 17:00h, corre a cargo do profe Ana de Abuin que nos vai contar "A princesa do Caurel" (o profe Baltasar interpretará á princesa). Animádevos a participar

TARDES CON DANIEL

       O próximo martes 10 de outubro, a Biblioteca de Daniel volverá  a abrir as súas portas despois do descanso estival. Nestes inicios de curso o noso amigo Daniel dános a súa benvida e convídanos a pasar con el unhas divertidas tardes de martes na compaña dos libros. A vindeira semana recibiredes un tríptico informativo onde se recollen, entre outras cousas, todas as sesións para este primeiro trimestre, abriremos en horario de 16:00-18:00 h como ven sendo habitual, e ao redor das 17:00h teremos as sesións de contacontos. Este martes a profe Celia cóntanos El libro inquieto, así que xa sabedes, animádevos a participar. Vémonos o martes!

 

ASEMBLEA ANPA IRMÁNS ÍNSUA

A presidenta da ANPA Irmáns Insua do noso centro, convoca Asemblea Xeral:

- Martes 19 de setembro

- 18:30 horas

- Sede do C.R.A. en Atalaia - Asados

- Asuntos: Cambio entidade bancaria e outros

En Rianxo a 18 de setembro de 2017

Distribuir contido