Magosto na escola de Vacariza

O pasado venres 10 de novembro celebramos a festa do magosto na escola de Vacariza. Alí xuntámonos todas as escolas para cantar moitas cancións sobre o outono, as castañas, os ourizos,... nunha gran roda guiados polo profe Pablo.

 

 

Despois fixemos moitos xogos que nos gustaron moito e que nos abriu o apetito para degustar o froito protagonista da festa: as castañas. Tamén houbo doces de todas as clases (biscoitos, chulas, rosquillas, bolicos, galletas,...) e un delicioso chocolate! 

 

Foi un día xenial!

O Castelo da Lúa, excavacións arqueolóxicas

O arqueólogo Mario Cesar Vila, visita a Escola de Cruceiro

Co motivo das intervencións arqueolóxicas

que se están a realizar no xacemento

e na contorna do Castelo da Lúa,

Mario Cesar Vidal visitou a Escola de Cruceiro

Mario Cesar Vila, explicou

os traballos que están a realizar

no Castelo da Lúa,

ensinounos fotografías do Castelo,

falou do oficio de canteiro e

de como marcaban as pedras,

falounos de contas de lendas do Castelo.

Ao final convidounos a visitar

as excavacións que están a

realizar moi perto da praia da Torre.

 

XOGANDO COAS SOMBRAS

O día 31 de Outubro celebramos na Biblioteca de Daniel en Asados o Samaín! E fixémolo dun xeito ben especial. Contamos o conto de "Corre corre, cabaciña" con teatro de sombras!

Esta semana, como nos gustou tanto a experiencia, a mestra Tamara contounos de novo este conto aos nenos e nenas da escola de Quintáns.

PASÁMOLO EN GRANDE!!

 

 

O C.R.A. de Rianxo preseleccionado na convocatoria de Clubes de Ciencia

O CLUBE DE CIENCIA NAUTILUS

O C.R.A. de Rianxo foi preseleccionado pola

Consellería de Educación para participar na convocatoria

do programa de innovación educativa "Club de Ciencia".

O C.R.A. de Rianxo presentou o proxecto

"Clube de Ciencia Nautilus", no que se prevé

a realización dos seguintes talleres:

A Maxia da Ciencia

Fauna Mariña

Mundo é química

Fovivos, a historia do Planeta

Investigando o corpo humano

O proxecto Clube de Ciencia Nautilus pretende animar

a curiosidade científica dos nosos alumnos e alumnas,

nunhas idades nas que a curiosidade invade os seus intereses.

O proxecto busca formar nos nenos e nas nenas

hábitos de coñecemento a través

da investigación e da exploración

   

MAGOSTO 2017

O vindeiro venres 10 de novembro celebraremos o noso Magosto na escola de Vacariza. Neste día tan especial xuntarémonos todos e todas para cantar, xogar e comer castañas asadas. Anímadevos a participar.

En caso de choiva e previo aviso do centro a celebración trasladaríase ao venres 17.

DÍA DAS BIBLIOTECAS

AQUÍ VOS QUEDAN UNHAS BONITAS IMAXES CO TRABALLO QUE FIXEMOS NAS NOSAS ESCOLAS PARA FESTEXAR O DÍA DAS BIBLIOTECAS QUE SE CELEBROU O PASADO 24 DE OUTUBRO! PICADE NA IMAXE DE "PEITO DE LOBO" PARA ACCEDER Á NOVA!

TARDES CON DANIEL

Este martes 7 de novembro a nosa biblioteca abre as súas portas de novo en horario de 16:-18:00 horas. Daniel invítanos a pasar unha tarde divertida lendo contos marabillosos. Ao redor das 17:00 h a profe María de Capela vainos contar o conto Os tres osos. Anímadevos a participar.

(No tríptico informativo da biblioteca para este primeiro trimestre anunciábasenos este contacontos para o día 14 de novembro, por problemas organizativos do centro tivemos que facer un cambio entre os días 7 e 14).

TARDES CON DANIEL

Este martes 31 de outubro, a Biblioteca de amigos e amigas de Daniel abre as súas portas para todos vos, dende as 16:00 ata as 18:00 h.As cinco a profe Tamara cóntanos "Corre corre cabaciña" Agardámosvos para pasar unha aterradora tarde de Samaín todos xuntos!

SAMAÍN 2017

O vindeiro martes 31 de outubro celebraremos o Samaín nas nosas escolas.

Tallaremos cabazas arrepiantes, daremos moitos sustos e nos deleitaremos con historias de medo.

E lembrade nesta noite máxica non abrades as portas a ninguén, que as almas en pena non vos leven familias!!

Programación Xeral Anual curso 2017-18

PROGRAMACIÓN XERAL ANUAL

O Consello Escolar na reunión de 25 de Outubro 

dou aprobación inicial a Programación Xeral Anual do C.R.A..

A P.X.A. está integrada por todos os documentos

que organizan a actividade do centro para o presente curso:

obxectivos, recursos, horarios, relacións coa contorna,

programcións de departamento etc.

Podedes consultar esta documentación no seguinte enlace

e se o desexades facer achegas ao correo

cra.rianxo@edu.xunta.es

PXA 17-18-AULA VIRTUAL

 

Distribuir contido