O SEÑOR MAGO E A FOLLA

DANIEL CONVIDOU ÁS SÚAS AMIGAS E AMIGOS A PASAR A MAÑÁ DO DÍA 29 DE NOVEMBRO NA SÚA BIBLIOTECA.

OBRADOIROS DE PLÁSTICA, ACTIVIDADES MUSICAIS E CONTACONTOS XIRARON AO REDOR DA FERMOSA HISTORIA DE "O SEÑOR MAGO E A FOLLA". ESTE LIBRO E MÁIS  TOÑO NUÑEZ, O SEU AUTOR,  ASUMIRON O MANDADO DE DANIEL  DE  ENCHER DE POESÍA A SÚA BIBLIOTECA E NOSO CORAZÓN.

CONTRA AS VIOLENCIAS

 

O 17 de decembro de 1999 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou o 25 de novembro como Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres e convidou gobernos, organizacións internacionais e organizacións non gobernamentais a desenvolver actividades dirixidas a sensibilizar a poboación respecto á situación de violencia na que viven moitas mulleres, unha violencia estrutural e multidimensional (física, económica, psicolóxica ou sexual) e un fenómeno global desde o punto de vista territorial, social, económico e cultural.

https://ennegrocontraasviolencias.gal/novas/en-negro-contra-as-violencias-mais-alo-dos-escaparates

O CRA DE RIANXO PARTICIPA ACTIVAMENTE NA CAMPAÑA RIANXO EN NEGRO

MAGOSTO EN RAÑÓ

 FAMILIAS, ALUMNADO E PROFESORADO DA ESCOLA DE RAÑÓ FIXÉRONNOS CHEGAR O CONVITE PARA O MAGOSTO.

O VENRES 16 GOZAMOS DA MELLOR FESTA DO OUTONO!

MAGOSTO 2018

(Ilustración de Suso Cubeiro para O Señor Mago e a folla, de Toño Nuñez)

XA ESTAMOS NO TEMPO DAS FOLLAS SECAS E DAS CASTAÑAS!
PERO PARA CELEBRARMONOS O MAGOSTO PRECISAMOS DUNHA MAÑÁ SEN CHUVIA, PARA ENCHER O PATIO DA ESCOLA DE RAÑÓ COS NOSOS XOGOS E CANTOS.
TAN PRONTO SAIBAMOS QUE ESCAMPA POÑEREMOS DATA E HORA A NOSA PRIMEIRA GRANDE FESTA DO CURSO.
ATENTAS E ATENTOS!
 

DÍA DA BIBLIOTECA

HOXE É O DÍA DA BIBLIOTECA.

DANIEL TEN A SÚA AÍNDA EN OBRAS, PERO NON POR ISO HAS DE DEIXAR DE PODER FESTEXALO ! AS BIBLIOTECAS DE AULAS DO CRA E A BIBLIOTECA MUNICIPAL ESTÁN AGARDANDO POR TI , EN RIANXO COS CONTOS DE PABLÍSIMO A PARTIR DAS 18:30 HORAS !

 E XA QUE ES AMIGA E AMIGO DA BIBLIOTECA DE DANIEL, POR QUE NON APROVEITAS O DÍA PARA SELO TAMÉN DA BIBLIOTECA DO CONCELLO, A BIBLIOTECA CASTELAO? ANÍMATE, PIDE O TEU CARNÉ  E... FELIZ DÍA !

DANIEL ESTÁ DE VOLTA!

Benqueridos amig@s!

Despois dun longo verán estou de volta convosco! Que ledicia vervos a tod@s de novo nas escolas. Sei que moit@s de vós tedes ganas de vir á biblioteca, pero nestes momentos estámola arranxando, xa que de tanto disfrutala estaba xa moi velliña. Pero prométovos que cando a vexades de novo, pagará moito a pena a espera!
Polo momento, estou desexando que me presentedes a tod@s os vosos novos amig@s de 3 anos! E para iso déixovos aquí este bonito video sobre min e as cousas que fixen, para que me presentedes aos nov@s amig@s!
Benvid@s de novo e moitos moitos bibliobicos para tod@s!

Daniel.

 

CONCERTO DIDÁCTICO

O MARTES 18 DE SETEMBRO O ALUMNADO E PROFESORADO DO CRA DE RIANXO PARTICIPOU NUN NOVO CONCERTO DIDÁCTICO PROPOSTO POLA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO.

NESTA OCASIÓN, 1 TUBA, 1 BOMBARDINO E 2 TROMBÓNS ACHEGARÁRONNOS Á MUSICA DE CINE.

INICIO DE CURSO 2018-2019

BENVID@S AO NOVO CURSO

 O luns día 3 de setembro deron comezo as actividades do curso 2018-2019.

A presentación e inicio das actividades lectivas realizarase nas aulas do CRA o mércores 12 de setembro, en horario de 10:00 a  12:00 h.

COMUNICACIÓN COAS FAMILIAS

As familias que precisen comunicarse co centro antes do 12 de setembro, poden facelo na sede do CRA na Atalaia- Asados en horario de 10:00 a 13:00 h.

ORGANIZACIÓN DO PROFESORADO, 3 DE SETEMBRO

- Reunión xeral ás 11:00 na sede do CRA de Rianxo. Os mestres e mestras titor@s deben pasar antes polas escolas.

- As profesoras e profesores de nova incorporación ao centro deben achegarse á sede ás 10:00 h para realizar a toma de posesión.

FONDO LIBROS - Axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

No enlace que se achega, pode consultarse a listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluidas  para a solicitude de libros te texto e material escolar.

A listaxe en formato .pdf, ordena aos alumnos e alumnas por curso e por apelidos e indica o estado da solicitude e a admisión ou a exclusión da solicitude de axuda. No caso de exclusión indícase o motivo da exclusión.

Enlace para a descarga do documento

Poden  formularse  alegacións as causas de exclusión na sede do C.R.A. ata o venres día 13 de xullo. 

Horario de atención: todos os días entre as 11:00 e as 13:00 horas ata o día 13 de xullo.

No caso de dificultades parar presentar alegacións neste horario, prégase chamar ao 981863305 ou ao 620635295.

POdedes consultar a Orde que regula o procedemento para participar no Fondo Libros no seguinte enlace:

Orde de 9 de maio de 2018, que regula  a participación no Fondo Libros

A dirección do centro

 

Distribuir contido