A CHARANGA DE ESPECIALISTAS DO C.R.A. INTERPRETA "A CHARANGA TIPITANGA"

Os mestres e mestras especialistas elaboramos esta proposta musical onde convidamos ó noso alumnado a participar no acompañamento instrumental desta canción. Para iso xuntámonos neste vídeo onde nos poderedes ver e escoitar interpretando distintos ritmos usando como instrumentos obxectos variados.

É de agradecer o nivel de implicación que amosaron os compañeiros e compañeiras para levar a cabo esta actividade de colaboración coa materia de música. Temos unha chea de artistas!

 

 

 

E ti... ÚNETE A NÓS!