PROCESO DE ADMISIÓN 2015-16 NO C.R.A DE RIANXO

PRAZO DE PRESENTACIÓN:

Do 1 ao 20 de Marzo.

LUGAR  DE PRESENTACIÓN:

Na sede do Centro, en Atalaia Asados, antigas escolas de Asados, ou en cada unha das escolas: Pazo, Outeiro, Cuvide, Cruceiro, Capela, Rañó,  Quintáns, Abuin

HORARIO DE ATENCIÓN:

Nas escolas: procurar entregar a documentación ao inicio ou ao final da xornada

Na sede: de luns a venres entre as 9:00 e as 14:00, prégase avisar chamando ao Tfno: 981-863305

DOCUMENTACIÓN:

1.- Solicitude de Admisión asinada polo pai e pola nai

2.- Fotocopia do libro de familia, partida de nacimento  ou documento de identidade do alumno/a

3.- Certificado de empadroamento municipal

4.- Calquera outra que se requira na solicitude de admisión, ao obxecto de acreditar situacións especiais.

So se pode presentar unha solicitude por alumno/a, no caso de optar a máis dun centro, a solicitude presentarase no centro ao que se opta en primeiro lugar, indicando por orde de preferencia os outros centros aos que se opta.

Enlace portal da Consellería de Educación

Rianxo a 24 de Febreiro de 2015

AdxuntoTamaño
Instruccions_cra_rianxo_adaptada_febr_2015 ADAPTADO 02.pdf763.68 KB