POLA CONTINUIDADE DA ESCOLA



No inicio deste novo curso escolar os pais e nais da escola de Vacariza manteñen a súa firmeza en reclamar á Consellería de Educación a apertura da escola, e a este obxecto acordaron desenvolver as seguintes accións:
1. Seguir asistindo cos seus fillos e fillas á escola de Vacariza. Os nenos e nenas serán atendidos polos pais e nais.
2. Realizar unha concentración en Rianxo o sábado 14 ás 11:00h no Campo de Abaixo, diante do Concello.
3. Entrevistarse co Director Xeral de Centros o luns 16 de setembro.
4. Coordinar con todas as Asociacións de nais e pais dos centros de
ensino de Rianxo e coa "Asemblea pola defensa do ensino público da Barbanza" a difusión e apoio desta reivindicación.

O Claustro de mestres e mestras do CRA de Rianxo manifesta, unha vez máis, o seu apoio ás familias e veciños da escola de Vacariza