O CLUB DE LECTURA INFANTIL DO CRA DE RIANXO CELEBRA O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 

O Club de Lectura Infantil do Cra de Rianxo vai celebrar o Día Internacional da Muller o xoves día 7 de Marzo, ás 16:30 horas na Escola de Abuín-Brión.

Haberá música porque Miriam, antiga alumna do Cra e actualmente estudante na Escola de Música de Rianxo, virá a tocarnos unhas pezas co seu curioso instrumento. Tamén leremos contiños e falaremos con mulleres de Rianxo que compartirán con nós algunha curiosidade sobre a súa profesión. 

Actividade aberta a quen queira asistir e organizada pola Anpa "Irmáns Ínsua" coa colaboración do  profesorado do Cra, da Escola de Música e dos Talleres da Memoria do Concello de Rianxo.  

Que divertido estivo!

Que ben o pasamos! Cantos contos! Cantas historias de mulleres valentes e listas! E canto traballamos facendo maxia, mousse de limón e tortitas! Menos mal que tamén nos deron de merendar!!!! Tendes moitas fotos na páxina do facebook. Búscanos por Anpa Cra Rianxo!