CONTOS ANIMADOS

O Club de lectura "Frores do meu amigo" contou o xoves 17 coa presenza de dous profesionais da Editorial OQO, quen, ante a imposibilidade da asistencia da escritora Eva Mejuto, foron os encargados de introducirnos na animación de contos a partir da técnica do "stop motion" .
Na sesión participou tamén profesorado do CEIP Castelao
.

curso de animación

Ao final Eva non veu... pero si que o fixeron Ruth e Carlos que nos deron un moi interesante e entretido curso de como facer animación para audiovisual... Rimos moito, desenvolvemos a creatividade e... quen sabe... tal vez aínda saia a partir de aquí algunha curta con xeito!!! 

Neste enlace podedes ver curtas que fixeron outros coles usando esta técnica: http://www.crtvg.es/infantil/nos-tamen-creamos

Grazas á organización, profes e asistentes por este serán tan proveitoso... 

Teresa, mamá de Dália do Cruceiro.