O ALENTO NAS COSTAS

CONSTITUCIÓN DO GRUPO DE LECTURA

Constituiuse o Club de lectura "Frores do meu amigo" coa presenza dun animoso grupo de nais, avoas e mestras e mestres do CRA de Rianxo. "O alento nas costas", de Natalia Carou, foi a obra que se seleccionou para estrear a lectura compartida.
Esta novela está xa recomendada a partir dos 12 anos, polo que este dato nos serviu tamén de estímulo para animar ós xóvenes das nosas casas a compartir a súa lectura connosco

A OBRA SELECCIONADA

Segundo podemos ler na páxina web de Baía Edicións, "a novela comeza cun soño estraño de Mireia, xornalista dunha revista esotérica de Madrid. O soño transcorre nunha aldea preto do lugar natal da protagonista, na Idade Media. Ela ten a sensación estraña de que o personaxe dos seus soños lle quere comunicar algo. Decide retornar á súa aldea dez anos despois de marchar, apremada por un problema de drogas, para facer unha reportaxe para a revista na que traballa."

A AUTORA

Natalia Carou Figueroa (1974) é natural de Boiro, pero a súa familia paterna é de Rianxo.

Entrevista á autora no diario "La Voz de Galicia"

A ALDEA MEDIEVAL

A protagonista da obra ten un sono que trancorre nunha antiga aldea abandonada dende hai séculos polos seus habitantes, a "aldea maldita" de Abuín.

Podemos atopar novas relacionadas coa aldea maldita no portal do CRA:

A aldea maldita

Camiño esquecido

ou na prensa

Séculos de medo nunha aldea de Rianxo

AGRADECEMENTOS

Ola amigos, son Natalia Carou, autora do libro O Alento nas Costas. Foi para min unha grata sorpresa descubrir que O Alento está sendo protagonista, neste intre, da vosa aventura compartida no club de lectura. Grazas por escoller este libro que espero que vos guste, vos entreteña e vos emocione, tanto como a min escribilo. Agradezo e valoro tamén os vosos comentarios. Sei que esta tarde tedes unha reunión, gustaríame participar ainda que sexa dende a distancia, do voso debate literario. Póñome á vosa disposición para responder todas as preguntas que desexedes formularme, tentarei entrar a miúdo na vosa páxina para seguir de cerca os vosos comentarios, tanto deste libro, como de calquer outro tipo de lectura que emprendades mais adiante. Unha aperta, Natalia.


 

Ola Natalia

Benvida ó noso club de lectura!

O encontro que mantivemos na tarde do xoves estivo protagonizado por unha longa conversa que naceu da lectura do teu libro. Unha boa merenda e os xogos e as lecturas dos nosos fillos ó noso carón completaron a sesión.

Algunhas das nosas compañeiras do club non puideron acompañarnos nesa tarde e algún dos presentes no tiñan rematado a lectura da túa obra. Pensamos que sería boa cousa continuar coa tertulia outra tardiña e animarnos, e convidarche tamén a ti,  a facer un roteiro ós restos da aldea medieval. Por sentir o alento nas costas...

Sol

TERTULIA

Ola Sol, si que me gustaría asistir a algunha das vosas reunións si o traballo mo permite , se non, xa sabedes que estou a vosa disposición para participar virtualmente nas vosas tertulias. Entrarei de cando en vez para ver as novidades, unha aperta!


 

Nova xuntanza do club

Ola, de novo, Natalia e demais membros do club

Reproduzo aquí o correo que nos manda Ysa lembrándonos a nova xuntanza para este xoves 14

"Ola compis de club: definitivamente, a próxima xuntanza do club de lectura vai ter lugar o 14 de febreiro ás 16:00 h. na Escola de Abuín. De alí partiremos, se o tempo nos acompaña, a realizar o roteiro ata a Aldea Maldita de Abuín e debatiremos a modo de despedida "O alento nas costas" unha vez máis para permitir que os compis que non remataran a lectura poidan opinar tamén. Lembrade, o primeiro día tras voltar das vacacións de Entroido. Grazas e saudiños a todos, Ysa"

Pois xa sabemos, desta ves haberá que deixar o biscoito na casa e acudir á cita cun bo par de botas...

Acompañan o meu comentario unha suxerente imaxe e o enlace á páxina de Manuel Gago

Contos novos e vellos na aldea abandonada de Abuín

Saúdos a tod@s, Sol

"O alento nas costas"

Bos dias, son cristina (mamá de Amaro da escola de Abuín)

 

Tras a primeira xuntanza do club de lectura o pasado xoves, e pese a ter acudido á mesma, sen saber exactamente que tipo de xuntanza se convocaba, penso que vai ser un proxecto interesante se consegue manterse no tempo e ampliar o número de participantes.

 

Na primeira reunión decideuse iniciar o traballo do grupo ca novela "o alento nas costas", que gracias a estes dous dias previos con unha climatoloxia que favorecían aquelo de sofa e manta xa teño rematado. Deixarei o exemplar que levei á profe de Abuín por se alguén o necesita.

 

A novela é de leitura amena e rápida por enganchar ca sua trama dende o inicio, e como un dos puntos resaltados polo persoal docente que propuxo esta leitura ten o atractivo a maiores do recoñecemento na lectura de moitos dos emprazamentos.

 

Eu a describiría como novela de aventuras na que discorren de forma paralela e equilibrada duas histórias ca mesma intensidade ambas sen deslucirse unha á outra; ainda que teño que confesar a miña debilidade persoal pola novela histórica ambientada en tempos pasados e descoñecidos, con unha parte descriptiva de paisaxes, arquitectura, costumes... que nos achegan de certa forma a realidades hoxe esquecidas.

 

Atendendo á recomendación etária da novela (a partir de 12 anos), e sen por esto non considerala como lectura adecuada para adultos, para aqueles que teñan fillos adolescentes considero que pode ser unha obra interesante, porque sen abordalo como tema principal da mesma, senón como telón de fondo aparecen na mesma tres dos temas que con mais intensidade poden afectar ós rapaces desta idade, o amor / sexo incondicional e desinteresado que aparece a esta idade, as relacións "tensas" (por describilo de algunha maneira" cos pais ou calquera figura que represente autoridade e as drogas.

 

Para os que ainda non iniciástedes a leitura animádevos que a ides disfrutar

Arousa na literarura

Ola a Cristina e a tod@s!

Eu tamén gostei de descubrir no libro lugares tan próximos a nós: Abuín, Ourolo, A Burata, Campo Maneiro.

O libro de Natalia Carou é un dos textos publicados nestes últimos anos que teñen, cando menos, parte da súa ambientación en terras da ría de Arousa.

Deixo un enlace a páxina "culturagalega.org" onde podemos explorar nun mapa interactivo estas paisaxes literarias.

"A Arousa enche a literatura"


Espero compartir a tarde do vindeiro xoves con tod@s vos para seguir cultivando a lectura e a amizade...

Apertas, Sol

Parabéns a Cristina

Ola Cristina, son Tobías. Ainda non puden ler o libro, está encargado e posiblemente esta semana o teñamos, e debo decir que sen telo lido o teu comentario xa me axuda a imaxinar, mais ben intuir como podo disfrutar coa lectura da novela. Tes feito unha aproximación á novela penso que moi interesante e útil para os/as que imos comezar a súa lectura.

Bon Cristina, tan pronto comece coa lectura e avance un pouco nela poñerei tamén o meu comentario. E tí como xa liches ésta e xa puxeches o teu comentario  se te pos coa lectura doutra historia, danos comentarios e suxerencias.

Saudos e parabéns de novo Cristina

Tobías

Ola compañeiras e

Ola compañeiras e compañeiro de club:


Antes de nada, agradecervos a vosa participación activa neste noso CLUB DE LECTURA VIRTUAL e felicitarvos polos vosos comentarios que son, sen dúbida, moi animosos e enriquecedores.


Estou de acordo con Cristina e comparto as súas ideas e reflexións sobre a obra; resulta moi atractivo o feito de situar a acción en contextos e lugares próximos a nós, coñecidos e familiares; tamén a temática da obra engancha, a rebeldía ante a autoridade, as drogas, o amor adolescente... son temas que non perden vixencia co paso do tempo, comprendo así que sexa unha obra empregada no ensino secundario como lectura obrigatoria.


Sen embargo, quero expresar que, persoalmente, foi unha lectura que me causou certa ansiedade e desacougo, sendo este un aspecto que non considero negativo en absoluto, senón todo o contrario. Explícome: a finalidade dunha obra literaria é acadar que nos mergullemos na historia, que academos "vivir" o que nela pasa... no meu caso, esta obra acadouno, mais a temática das drogas resúltame cando menos un tanto doorosa posto que é un tema que vivín de preto no meu ámbito social; cando lin a sinopse da obra para propoñela no club de lectura sabía que a protagonista, Mireia, tivera no seu pasado unha experiencia coas drogas que daba a entender superara, non obstante, a medida que imos lendo a trama vainos descubrindo todas as fatalidades acontecidas no pasado estreitamente conectadas coa súa inmersión nese mundo, así como a situación actual da súa familia tamén por mor das drogas, sendo feitos que atormentan psicolóxicamente á nosa protagonista continuamente.


A min, coma ós meus alumnos e alumnas, gústanme os finais felices (son coma os nenos nese sentido, jeje), por iso, porque agardaba un final feliz e ideal, finalmente, o argumento resultoume bastante negativo e pesimista, supoño que a autora quixo poñer de manifesto e resaltar concienzudamente a dificultade de sair dese mundo, como forma de previr e advertir -unha vez máis- ás novas xeracións lectoras sobre os perigos da drogadicción.


Por outro lado, o mundo da maxia e o esotérico e ese punto de romanticismo aumentan o atractivo da historia.


Agardámosvos o vindeiro xoves na Escola de Abuín para comentar e debatir e animámosvos a participar dende aquí e deixar as vosas impresións e ideas.


Un saúdo agarimoso,


Ysabel.