Articles

PROXECTO "AS ABELLAS"

Este segundo trimestre investigamos acerca duns insectos moi interesantes, as abellas.

Aproveitando o remate do inverno e comezo da primavera, e o feito de que o noso traxe de Entroido foi de abelliñas, presentamos o tema.

As nosas familias están a colaborar moito. Investigan, elaboran xogos, veñen a falarnos delas e ata nos trouxeron unha colmea e regaláronnos mel.

Ademais, na visita que fixemos ao IES Félix Muriel, en Rianxo, axudamos ás abellas na súa tarefa polinizadora, neste caso, elaborando "bombas de sementes" que lanzamos no seu terreo.

Estudamos e clasificamos as plantas melíferas, as favoritas das abellas e non nos esquecemos da parte artística. Así, coñecemos cadros nos que as abellas son o centro e fixemos a nosa propia versión deles.

No vídeo podedes ver parte do traballo que estamos a realizar.

 

DÍA DA NENA E DA MULLER NA CIENCIA

O día 11 de febreiro celebrouse o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Estas últimas semanas, a partir do conto Ada, 
magnífica científica
, unha rapaza curiosa e observadora, realizamos actividades científicas, en relación co proxecto de centro

“Monte Vivo”. Grazas á axuda doutros mestres do CRA, compañeiros doutros colexios e familias, amosámoslles referencias de persoas que
gozan da ciencia, do contacto coa natureza, da súa observación, da curiosidade, do traballo en equipo, de mulleres que nos
rodean que son científicas. O propósito da creación destes espazos de participación foi estimular o pensamento científico a través do xogo, a curiosidade e
así tratar de reducir a fenda de xénero nas áreas da ciencia e tecnoloxía. Lembremos que os disfraces, os xoguetes, os debuxos, as películas, os libros que regalamos, a ausencia de científicas nos libros
de texto, incluso os comentarios que facemos, suman e fan que moitas nenas xa non se visualicen en carreiras que se consideran
difíciles. Sabemos que as nenas e os nenos somos iguais, que podemos facer o mesmo, que somos marabillosos e que xuntos formamos
un equipo. Todos podemos ser o que queiramos, e no CRA sabémolo ben!

2 DE FEBREIRO: A CANDELORIA

Na escola de Capela festexamos a Candeloria traballando distintos refráns

 

 

 

 

ROSALÍA

ELA É ROSALÍA, ROSALIA DE CAMPO MANEIRO,
A CABUXIÑA QUE BRINCA FELIZ POR TÉRENLLE DADO NOME DE POETA.
TEN POUCO MÁIS DE 1 SEMANA DE VIDA E XA COMPARTE CORTE E MONTE CO RABAÑO DE CABRAS GALEGAS
E OS BURROS MICHEL E PAQUIÑA.

PARA AXUDAR A MANTER CABUXAS E BURROS NESTE TEMPO DE INVERNO NA ESCOLA ANDAMOS A PEDIR QUE SE RECOLLAN PAN E TONAS
E TODOS OS DÍAS ALGÚN DE NÓS SOBE ONDA ELAS PARA DARLLES ALIMENTO E CONVERSACIÓN, QUE TAMÉN A AGRADECEN.

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 

A nosa escola está preto do monte. No noso patio temos infinidade de tesouros que nos gusta atopar: cogumelos, árbores coas súas pólas, follas, flores... De cando en vez saímos a buscalos e, cando chegamos á clase, buscamos información en diferentes medios sobre eles: libros, internet, os nosos coñecementos previos ou nas nosas casas.

Para facer o noso herbario, prememos as follas e outras partes das plantas. Unha vez secos, os clasificamos e escribimos o seu nome para identificalos.

Tamén utilizamos estes elementos da natureza para facer esculturas ou pintamos a paisaxe que nos rodea.

Na base de todo isto está o noso interese por coñecer e respectar a natureza, aprendendo accións que podemos levar a cabo para, entre outras cousas, aforrar auga. Así coñecemos como viven en países onde hai escaseza de auga e o que significa a auga para nenos e nenas que viven en distintos lugares do mundo.

Como podedes ver no calendario que elaboramos todas as escolas do CRA de Rianxo, o vindeiro día 26 de Xaneiro celébrase o Día da Educación Ambiental. Este vídeo é unha pequena mostra de como o traballamos na aula. Esperamos que vos guste!

 

 

RABAÑOS NO MONTE

CABRAS, OVELLAS, VACAS, CABALOS... HAI ANOS ALIMENTÁBANSE MOITOS RABAÑOS NOS NOSOS MONTES. 
EN  CAMPO DE MANEIRO, TARAGOÑA,
A COMUNIDADE EN MONTE VECIÑAL "O FIEITOSO" E MAIS A ASOCIACIÓN "FOUSAS AO MONTE"
FORON QUEN DE VOLVER FORMAR E COIDAR UN RABAÑO DE CABRAS GALEGAS QUE, BAIXO A ATENTA VIXIANCIA DO BURRO MICHEL E DA BURRA PAQUIÑA, MANTÉN LIMPO O MONTE E ALONXA O PERIGO DE INCENDIOS.

DOS TOXOS QUE TANTO LLE SABEN ÁS CABRAS, E A PAQUIÑA E MICHEL,  ESCRIBIRA O POETA MANUEL MARÍA:

"ANQUE O TOXOS TEN ESPIÑAS
SORRÍ POLAS PRIMAVERAS
CON SORRISAS MARELIÑAS"

(Ah, Manuel María...!)

ÁRBORES NO MONTE

https://picasion.com/

"VALE MÁIS UNHA TERRA CON ÁRBORES NO MONTE

QUE UN ESTADO CON OURO NO BANCO"

Daniel Castelao

CAIN AS FOLLAS

"CAIN AS FOLLAS

SINTO UNHA COUSA

QUE SE APOUSA EN MIN

E NON ME TOCA"

Os Eidos.

Uxío Novoneyra

   

 

A NENA QUE ABRAZABA AS ÁRBORES

"AS ÁRBORES TEÑEN VOZ.
E MANS, MANS CON DEDOS.
E SENTEN. VAIA SE SENTEN..."
(A nena que abrazaba as árbores. Henrique Alvarellos)

QUEREMOS SER NÓS TAMÉN NENOS QUE ABRAZAN ÁRBORES E SENTIR A SÚA VIDA, A SÚA VOZ E
AS SÚAS MANS. AS SÚAS MANS CON DEDOS
.