3B

DECORACIÓN DA PORTA DA AULA “LOITANDO POLA IGUALDADE”

Decoramos a nosa porta co símbolo da muller coloreado coas nosas mans e con fotografías nas que tódolos nenos e nenas da aula aparecemos realizando diferentes actividades que a sociedade aínda tende atribuír a un ou outro sexo. Desta maneira reivindicamos que todos e todas somos capaces de realizar as mesmas tarefas!!

Mural "Wangari e as súas árbores"

Elaboramos este mural no que Wangari está acompañada das súas árbores. Empregamos témperas e pinceles para pintar a Wangari e as nosas propias mans para facer as follas das árbores.

DISFRAZ DE WANGARI MAATHAI

O noso cole celebra todos os anos o Entroido facendo un desfile de disfraces por Salceda. Este ano, para destacar o importante papel que moitas mulleres tiveron ó longo da nosa historia, cada aula disfrazouse dunha destas mulleres. A aula de 3B, disfrazouse de Wangari Maathai.

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA: UNHA MEDALLA REIVINDICATIVA

O xoves 7 de marzo , tras unha asamblea na que falamos do día da muller traballadora (porqué é importante que as mulleres reivindiquemos os nosos dereitos, porqué é preciso dedicarlle un día no calendario…) e sobre que é unha folga (onde xurdiron ideas como: es un día para jugar en casa, ese día se va a la calle a gritar..) fixemos esta medalla reivindicativa.

O ROSA NON É DE NENAS!

Caselín, a nosa mascota da biblioteca, enviounos unha serie de mandadiños a semana do Entroido. Entre elas, un dos días tivemos que vir todos/as á aula de cor rosa. Despois dunha pequena asamblea decidimos que a cor rosa non é unha cor de nenas como sempre se dixo, por eso sacamos esta foto na que todos e todas lucimos contentos con prendas rosas.

TALLERES SOBRE IGUALDADE ACROFAN

Tódalas aulas do noso cole recibimos a visita de ACROFAM e con eles fixemos diferentes talleres nos que traballamos a igualdade mediante diferentes xogos.

 

MURAL "EU TAMÉN PODO"

O profesorado e as familias da aula de 3B elaboramos un mural con fotografías na aula titulado “Eu tamén podo”. Neste mural, recollemos fotos na que homes e mulleres aparecen realizando profesións e deportes que xeralmente e de xeito erróneo asócianse a un ou outro sexo. Deste xeito queremos romper estereotipos e demostrar que tanto homes como mulleres somos igualmente capaces de realizar diferentes tarefas tanto na nosa vida profesional e personal.

MARCOS DE WANGARI MAATHAI

Unha das nosas mamá trouxo debuxos de Wangari Maathai, unha das mulleres que estamos a traballar na nosa aula. Con estes debuxos fixemos estes preciosos marcos para decorar un dos corchos da aula.

UNHA NOVA AMIZADE NA BIBLIOTECA

 

Caselín, a nosa mascota da aula, ten unha nova amizade (non especificamos sexo para que os nenos/as decidisen cal era) e tróuxonola á biblioteca para que poidamos coñecela. Pediunos ademáis que entre todos os nenos e nenas do cole inventemos un nome para el/ela. O seu nome finalmente foi: PÚRPURA.

Con púrpura fixemos actividades como buscar as letras do seu nome, ¡pareceunos moi divertido!

 

Distribuir contido

Back to top