Skip to Content

COMEZO DO NOVO CURSO ESCOLAR

Estimadas familias do CRA Raíña Aragonta. 

Chegado o mes de setembro estamos de volta no centro preparando o inicio do novo curso escolar. 

Nestes días serán publicadas nos taboleiros da sede e das aulas de parroquia, as datas e horas das reunións previas ao inicio das clases, tamén se publicarán por este medio, polo que é preciso que non vos esquezades de consultar a web do centro. 

O inicio das clases terá lugar o vindeiro día 12 de setembro ás 9:15 horas, agás o alumnado de 3 anos que deberá comezar no horario establecido para o seu período de adaptación, que lle será facilitado polo titor/titora de aula na reunión previa ao inicio das clases. 

 

A Dirección do centro

REUNIÓN INFORMATIVA PARA FAMILIAS DE NOVO ALUMNADO MATRICULADO NO CURSO 2018/2019

O vindeiro 28 de xuño, ás 10:15 horas, na sede do CRA, terá lugar unha reunión informativa para as familias dos nenos/as matriculados por primeira vez neste centro para o curso 2018/2019.

Prégase acudir á reunión sen nenos/as.

A Dirección do centro.

A ÁRBORE DOS DESEXOS

Onte pola tarde, o profe Diego xunto cos nenos e nenas da aula de 5 anos C, foro os encargados de ofrecer a todos aqueles que se achegaron ao auditorio de Salceda de Caselas, a curtametraxe A árbore dos desexos, así coma o documental Lume, dos que foron creadores e protagonistas.

Agradecer a colaboración desinteresada do Concello de Salceda de  Caselas pola súa implicación no acto, e concretamente a Concelleira de Ensino e Benestar social, Dona Teresa Pérez González.

Un pracer poder gozar deste tipo de actividades.

CALENDARIO ESCOLAR 2018/2019

No seguinte arquivo poden consultar o calendario escolar do vindeiro curso 2018/2019, publicado no DOG do día de hoxe.

A VACA QUE PUSO UN OVO

Os nenos e nenas do CRA, puideron gozar da representación da peza teatral "A vaca que puso un ovo", grazas a colaboración desinteresada das mamás voluntarias da ANPA.

Aquí vos deixamos algunhas das imaxes da mañá do luns na sede.

 

Moitas grazas por esta mañá tan teatral!!

RESERVA DE PRAZAS PARA COMEDOR NO CEP ALTAMIRA PARA O CURSO 2018/2019

Estimadas familias.

A ANPA Altamira, ven de informarnos que poden descargar as inscricións para o servizo de comedor no seu facebook Anpa Altamira 2017/2018, ou recollelas nas secretarías do CEP Altamira, ou ben do noso centro, e que serán recollidas por rigurosa orde de solicitude, na sala da ANPA Altamira nos seguintes horarios e días:

. Luns 4 de xuño (9:30-10:30 e de 16:30-17:30)

. Mércores 6 de xuño (9:30-10:30 e de 17:30-18:30)

. Venres 8 de xuño (9:30-10:30 e de 16:30-17:30)

Ademais farán unha reunión informativa o 15 de xuño no edificio do comedor ás 19:00 horas.

Para calquera dúbida. póñanse en contacto co ANPA Altamira (quen xestiona este servizo) no número 645906858

CAN DE PALLEIRO

O mércores día 23 de Maio tódolos nenos e nenas do CRA participamos da actividade can de palleiro, promovida pola ANPA do centro e que se enmarca dentro do Plan Proxecta que estamos a traballar este curso.

Fomos ao Auditorio Municipal para coñecer as características dos "cans de palleiro", raza autóctona galega que se atopa en perigo de extinción. Alí coñecimos a Loira, unha cadela preciosa, amigable, rastreadora, que sabe sumar e coa que puidemos xogar e disfrutar un anaco.

XORNADAS DE XOGOS POPULARES

O xoves día 10 de maio e o venres 11 tivemos na sede do CRA unhas xornadas de xogos populares. Os nenos e nenas da sede e das diferentes parroquias puideron disfrutar dos xogos de toda a vida como os aros, a petanca, a billarda, os bolos, as canicas, as chapas... Ademáis foi unha xornada de convivencia entre o alumnado, as familias e as mestras e mestres do cole.

Queremos agradecer as mamás e papás que colaboraron para levar a cabo esta actividade, e que se mostraron en todo momento colaborativos e participativos.

Grazas tamén á profe Bea do CEIP Plurilingüe Nº 2 de Tui por deixarnos o material dos xogos para realizar estas xornadas.

Aqui vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasamos.

LISTAS DEFINITIVAS DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2018/2019

Poden consultar no seguinte arquivo, as listas definitivas de admitidos para o vindeiro curso 2018/2019.

Distribuir contido


by Dr. Radut