Skip to Content

DE OURENSE A SALCEDA.. (PASANDO POR PORTUGAL)

DE OURENSE A SALCEDA..SE TRABALLAMOS XUNTOS SOMOS CAPACES DE LOGRAR TODO O QUE NOS PROPOÑAMOS, SOMOS DON@S DE SÍ

O TEMPO METEREOLÓXICO

varios dos nenos/as do CRA Raíña Aragonta participaron na gravación de "O tempo Metereolóxico" de Magin Blanco. Unha gran iniciativa onde os mais pequenos puideron desfrutar da experiencia de gravar nun estudio profesional. Grazas a participación dos mestres que se implicaron, sen eles non sería posible.

 

https://www.youtube.com/watch?v=Ag1blAq35Pg

 

OS NOSOS MAIOS

E aquí unha pequena mostra do resultado!!!!.... Este papás e mamás, xunto cos seus fillos son todos uns artistas!!!

 

 

 

 

ESFARRAPADA

 

 

FONTÁN

 

 

 

SAN XURXO

E CHEGOU MAIO, COS SEUS MAIOS E O CHEIRO A PRIMAVEIRA

Esta mañá algunhas mamás e algún papá, estiveron na sede do CRA, colaborando na elaboración do maio das aulas de Esfarrapada.

Maravillosa a labor que fixeron coa axuda dos nenos e nenas máis maiores do centro. Aquí vos deixo un pequeno resumo en imaxes.

 

 

 

O NOSO PATIO VAI COLLENDO UNHA NOVA COR

Aproceitando estas tardes calurosas, os mestres e mestras do CRA, estivemos a realizar melloras nos patios de Esfarrapada, para o disfrute dos nenos e nenas.

Aquí vos deixo un pequeno resumo.

 

 

 

LISTAS DEFINITIVAS DE ADMITIDOS PARA O CURSO 2019/2020

No seguinte arquivo poden consultar as listas definitivas de admitidos para cursar estudos neste centro no vindeiro curso 2019/2020.

INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2019-2020

Infórmase a todos os solicitantes que non será preciso baremar en ningunha das aulas do centro, polo que a partir deste momento deberán de estar pendentes da publicación das listas provisionais de admitidos que terá lugar antes do 25 de abril.

 

A dirección do centro

INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO PARA O CURSO 2019-2020

Aquelas familias interesadas en solicitar praza neste centro para escolarizar aos seus fillos/as no vindeiro curso 2019/2020, poderán atopar toda a información relativa ao proceso no seguinte arquivo.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS PARA COÑECER O NOSO CENTRO

Se estás pensando en escolarizar ao teu fillo/a no noso centro e todavía tes dúbidas, o vindeiro día 26 de febreiro teremos unha xornada de portas abertas, na sede do CRA Raíña Aragonta, ás 16:30 horas.

Se estás interesado nalgunha das unitarias do noso centro, ese mesmo día poderás concertar unha cita co mestre/a para poder visitala.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut