VISITAS DAS FAMILIAS

FACEMOS UNS SAQUIÑOS TÉRMICOS

Comezamos o mes de decembro coa visita da nai de Mara, coa que fixemos uns saquiños térmicos de sementes moi útiles para estes días de frío. Primeiro estivemos atentos ás súas explicacións (para que servía o que íamos facer, que sementes íamos utilizar, que cantidade...). Despois escribimos o noso nome na tela e pintámola. Por último, enchemos o saco coas sementes (aprox 300g que tiñamos que pesar nunha báscula).

Foi unha actividade diferente, e marchamos moi contentos para a casa, desexando probar os nosos saquiños. Grazas pola visita! ;)

Back to top