RESUMO DA INSTRUCIÓN CONXUNTA 9/2017 DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA E DA DIRECCIÓN DE CENTROS E RECURSOS HUMANOS, POLA QUE SE ESTABLECEN RECOMENDACIÓNS SOBRE A SAÍDA DOS ALUMNOS ESCOLARIZADOS NOS CENTROS EDUCATIVOS PÚBLICOS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA GALEGA

1º.-RECOMENDACIÓNS APLICABLES AO ALUMNADO DE ENSINANZA INFANTIL

Os alumnos/as serán recollidos polas persoas responsables dos memos dentro do horario fixado no Regulamento do centro ou nas comunicacións correspondentes a eventos concretos.

Estes poderán autorizar formal e expresamente a outro adulto ou a un irmán ou irmá que curse os estudos de 5º e 6º de primaria, educación secundaria, formación profesional ou bacharelato, a recoller aos pequenos, cubrindo unha ficha cos datos persoais da persoa autorizada e entregándoa no centro de ensino.

No suposto de pais e nais separados ou divorciados, seguirase as determinacións p'revistas na sentencia xudicial, convenio regulador ou acordo provisional, que terán que presentar no colexio. Neste sentido, a persoa encargada de recoller ao alumno será a que teña ao seu favor a garda e custodia do mesmo ou o adulto ou irmán ou irmá que curse os niveis educativos descritos anteriormente, aos que ela autorice expresamente, agás nos días de visita asignados ao outro proxenitor, nos cales poderá recoller este ao seu fillo/a.

Os rapaces permanecerán custodiados no centro o tempo que en cada caso se considere prudencial a partir do horario de recollida fixado. Os responsables dos nenos/as, terán a obriga de reportar ao centro escolar calquera demora que poidan sufrir. Transcorrido o tempo de demora efectuaranse dende o colexio chamadas aos responsables dos pequenos, que, de resultaren infructuosas, poderán determinar a condución dos escolares ás dependencias da Policía Local ou cuartel da Garda civil que corresponda.

A reiteración en máis de 4 ocasións desta última circunstancia poderá dar lugar á comunicación dos feitos ao Servizo Provincial de menores que corresponda, para os efectos da apertura dunha investigación sobre o abandono de menores.

Back to top