XOGOS DE NADAL

XOGOS DE NADAL

 

Xa falta pouquiño para as vacacións de Nadal e dende o Equipo de Biblioteca non queremos que vos aburrades nestas festas, así que traémosvos un SÚPER RECOPILATORIO de contos, actividades e xogos para realizar na aula e, sobre todo, nas vosas casas.

Comezamos por unha actividade para realizar na AULA. Trátase do SCAPE ROOM “Mis traviesos ayudantes”, no que teredes que axudar a Papá Noel a atopar os regalos que os seus trasnos esconderon polo cole. Atrevédesvos?? 

Podedes acceder ás instrucións abrindo o arquivo adxunto ou pinchando na seguinte imaxe:

 

 

O seguinte recompilatorio tamén está pensado para traballar na pizarra dixital da AULA, pero pódese facer tamén na CASA a través da tablet ou no ordenador. Trátase dunha RECOMPILACIÓN DE ACTIVIDADES para traballar al linguaxe oral na que @s nen@s teñen que contar unha historia e seguir instrucións. O marabilloso é que contamos con dúas versións: unha en castelán e outra en GALEGO.

Para acceder ás mesmas soamente tedes que pinchar nas seguintes imaxes:

                 

                                     

 

A seguinte actividade, que se pode realizar tanto na AULA coma na CASA é a lectura de diversos CONTOS DE NADAL. Algúns deles teñen a posibilidade de desfrutarse mediante audiolibro ou videoconto!! 

 

Podedes acceder a todos eles pinchando na seguinte imaxe:

 

 

Finalmente, como sabemos que non é moi recomendable saír da CASA nestas festas, queremos que continuedes xogando, por iso trémosvos unha recompilación de XOGOS INTERACTIVOS coma buscar as diferenzas, puzzles, 3 en raia, memorys... Nós fixemos unha pequena selección dos que mais nos gustaron, á que podedes acceder pinchando en cada unha das imaxes:

 

   

   

 

Pero podedes acceder a todos os xogos pinchado na seguinte imaxe:

 

 

BO NADAL E FELIZ ANINOVO!!!

AdxuntoTamaño
BREAKOUT-NAVIDAD.pdf1.74 MB

Enviar un comentario novo

CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar que vostede é unha persoa e prever o envío automático de lixo.
1 + 4 =
Resolva este sinxelo problema matemático e introduza o resultado. Por exemplo para 1+3, introduza 4.