PROCESO DE ADMISIÓN CURSO ESCOLAR 2020/2021

PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO 2020/20201

CRA RAÍÑA ARAGONTA

 

·        

As seguintes instrucións dítanse ao abeiro do Decreto 254/2012, do 13 de Decembro, e da Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG 1 febreiro 2017), pola que se modifica a Orde do 12 de Marzo de 2013 (DOG 15 de Marzo), polos que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos.

·        

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN:   do 1 ao 23 de marzo.

·        

OS IMPRESOS DE SOLICITUDE (ED550B):serán facilitados  gratuitamente na secretaría do centro, e tamén estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) e na páxina web da consellería competente en materia de educación.

·        

 A PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: deberá facerse na secretaría do centro (Rúa Rosalía de Castro 11-A), ou ben a través da aplicación anteriormente mencionada.

*Debido ás características propias do noso centro, con aulas en Esfarrapada e aulas nas diferentes parroquias, aconsellamos presentar os formularios na secretaría do centro e non vía telemática.

 

O horario de secretaría para a entrega de documentación é o seguinte:

Ø 

Luns: de 9:30 a 11:15 horas.

Ø 

Martes: de 9:30 a 11:15 horas.

Ø 

Mércores: de 12:30 a 13:15 horas.

Ø 

Xoves: de 9:30 a 11:15  horas.

Ø 

Venres: de 12:30 a 13:15 horas.

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE A TER EN CONTA:

 

·

 Cada alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar. A infracción da mesma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

·

O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

·

O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

·

No caso de separación ou divorcio, será necesaria a SINATURA DE AMBOS PROXENITORES, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles.

En ambos casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, copia e orixinal do convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio.

 No suposto de alumnado afectado por situación de violencia de xénero, non será exixible o previsto no parágrafo anterior.

 

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR COA SOLICITUDE

a.       

Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.

b.       

Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a.

c.       

Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do anexo

d.       

Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é caso.

 

 

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN 2020/2021

CRA RAÍÑA ARAGONTA

 

·        

Publicación dos postos escolares vacantes: antes do 1 de Marzo.

·        

Presentación das solicitudes de admisión: do 1 ao 23 de Marzo.

·        

Presentación da documentación acreditativa para o baremo, no caso de que a demanda supere as vacantes ofertadas:  publicaranse as datas se fora preciso.

·        

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de Abril.

·        

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de Maio.

·        

Formalización da matrícula en educación infantil: do 20 ao 30 de Xuño.

 

A Dirección do centro

Comentarios

Enviar un comentario novo

CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar que vostede é unha persoa e prever o envío automático de lixo.
10 + 3 =
Resolva este sinxelo problema matemático e introduza o resultado. Por exemplo para 1+3, introduza 4.

Back to top