Responder ó comentario

INFORMACIÓN COVID

Estimadas familias:

Dende o equipo Covid queremos informarvos que no caso de que os vosos fillos/as presenten algún dos síntomas compatibles coa Covid-19 (febre maior a 37´5ºC, tose seca, dificultades respiratorias, cansazo, dor muscular, falta de gusto ou olfacto, diarrea) tedes a obriga e responsabilidade de chamar ao teléfono 986 349 592 (Centro de Saúde de Salceda), indicando na chamada que é por mor do "protocolo Covid escolar" para que vos citen no propio día en pediatría e seguir as súas instrucións e recomendacións. Posteriormente informar ao centro escolar para levar un rexistro conxunto có centro de Saúde.

Este número de teléfono é só para aqueles nenos/as que teñen o seu pediatra en Salceda. Os residentes noutros concellos, ou que vivindo en Salceda teñen o médico noutro sitio, deben poñerse en contato co seu Centro de Saúde de refencia (onde o neno/a acude ao pediatra).

Grazas pola vosa colaboración

O equipo Covid

 

Responder

CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar que vostede é unha persoa e prever o envío automático de lixo.
5 + 4 =
Resolva este sinxelo problema matemático e introduza o resultado. Por exemplo para 1+3, introduza 4.

Back to top