Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Abril 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

ENDL

Imaxe de AnaFernandez

SALÓN DO LIBRO: Libros en movemento

 

Comezamos esta semana cunha actividade do Salón do Libro de Pontevedra que consiste en crear libros en movemento ou tamén chamados Flip-book. 

Mirade atentamente o vídeo pinchando nas fotos e veña, veña a crear o voso libro cheo de movementos. Que ides debuxar?

    

  

 

 

Imaxe de AnaFernandez

SALÓN DO LIBRO: Malabares na casa

Para rematar esta semana propoñémosvos unha divertida actividade de malabares.

Teredes que construír unhas boliñas de malabares coma as que teñen os pallasos do circo. Despois poderedes convertirvos en auténticos pallasos e intentar facer todo o que se vos ocurra con elas, quen conseguirá manter as tres boliñas no aire?

Lembrámosvos que para a semana que vén haberá mais actividades.

Pinchade na imaxe para saber como se fan.

Imaxe de teresa

DÍA DO LIBRO 2020

Hoxe celebraríamos nas escolas o Día do Libro.

Como é imposible debido a esta situación que estamos a vivir, as mestras e mestres do CRA Ponte da Pedra queremos desexarvos a todas as familias un feliz día do libro e un ano cheo de lecturas.

 

Imaxe de AnaFernandez

SALÓN DO LIBRO: Torradas divertidas

Primeiro de nada, feliz Día do Libro!!!

Hoxe pode ser un bo día para ler un conto, relato, poesía... en familia, que vos parece?

E despois, dende o Salón do Libro propoñémosvos unha merenda saudable e divertida que podedes preparar e saborear toda a familia xuntiña.

Pinchade na foto para ver co se fan, pero tamén podedes deixar voar a vosa imaxinación e creatividade para inventar novas torradas. Veña, veña...!!!

 

Imaxe do Salón do Libro de Pontevedra.

 

Imaxe de AnaFernandez

SALÓN DO LIBRO: Contacontos

 

Para o día de hoxe propoñémosvos un contacontos dende o Salón do Libro titulado "A galiña pequeniña" e contado por Xacobe Rodríguez, de Pavis Pavós.

Como pensades que será esa galiña pequeniña? Escoitade atentamente o conto, imaxinade como pode ser esa galiña tan pequecha e animádevos a debuxala.

Pasádeo moi ben!!

Pinchade na galiña para ver o conto.

Distribuir contido


by Dr. Radut