Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Abril 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

ENDL

Imaxe de teresa

ENTROIDO 2021

A vindeira semana dará comezo a semana do Entroido, que culminará nunha festa particular en cada escola.

Como todos os anos faremos caso dos mandadiños do Meco.

Queredes saber que toca este luns?

Shhhh!

Estade moi atentos ao que nos conta...

 

 

Imaxe de AnaFernandez

DESEXOS DE NADAL

Este ano diferente e raro quixemos felicitar as festas con este fermoso vídeo.

As nenas e nenos do CRA mostran os seus desexos cara o 2021, esperemos que se cumpran!!!

Imaxe de AnaFernandez

DECORACIÓN DOS NOSOS PATIOS

Este ano quixemos darlle luz á nosa contorna e as nenas e nenos xunto coas súas familias elaboraron adornos de nadal respectuosos co medio natural.

Quedaron preciosos, sodes uns artistas e os patios tiveron unha luz especial. Graciñas!!

 

Imaxe de AnaFernandez

RETOS COLABORATIVOS

Durante o mes de decembro nas escolas as nenas e nenos tiveron que superar un reto diario. Se o conseguían o canxeaban por 1kg de alimentos que posteriormente repartiron a Cáritas-Carballo e a Cruz Vermella.

Ao final conseguiron 108kg de alimentos.

Agradecerlle tamén a toda a comunidade educativa a súa solidariedade e colaboración coas achegas de alimentos, que se sumaron ao total conseguido polo alumnado nas escolas.

  

 

Imaxe de AnaFernandez

MULLERES CON ARTE E PARTE

Este ano celebramos o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller visibilizando o papel da muller nas artes e reflexionando sobre a súa falta de protagonismo nas galerías dos museos.

Cada nena e neno localizou unha muller artista na familia, investigou sobre ela, e presentou a súa obra na aula ao resto de compañeiras e compañeiros.

Houbo un interesante traballo de investigación e aprendizaxe primeiro na casa coa familia e despois na aula sobre as mulleres na arte.

Para finalizar todo o alumnado creou unha obra conxunta e grupal baseada en cada unha das obras individuales das súas mulleres artistas a cal foi exposta no Pazo da Cultura de Carballo.

Grazas a toda a comunidade educativa por este fermoso traballo conxunto!!

Distribuir contido


by Dr. Radut