Skip to Content

Matriculación

Imaxe de Jesus

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2019-2020

O  alumnado admitido no CRA Ponte da Pedra, debe formalizar a matrícula do 20-30 de xuño, na Sede do CRA Ponte da Pedra.

Deberase entegar a seguinte documentación:

- Copia da tarxeta sanitaria.

- Fotocopia de cartilla de vacinacións.

- Fotografía tamaño carnet.

- Documento da Formalización.

- Impreso das autorizacións.

- Enquisa Galego Equipo de Dinamización Lingua Galega.

* Os días 24 e 25 de xuño son festivos locais.

Imaxe de Jesus

ADXUDICACIÓNS POSTOS ESCOLARES PARA O CURSO 2019-20 - COMISIÓN ESCOLARIZACIÓN DE CARBALLO

Realizada o día 12 de xuño de 2019 a reunión da Comisión de Escolarización de Carballo procedeuse á adxudicación subsidiaria de postos escolares a aqueles solicitantes que non obtiveron praza no centro no que presentaron a súa solicitude. Despois de dita adxudicación subsidiaria a Comisión procedeu a asignar posto escolar ás solicitudes presentadas fóra de prazo ata esa data.

Nos arquivos adxuntos acheganse ditos documentos.

Imaxe de Jesus

Listaxe definitiva de admitidos e non admitidos - Curso 2019/20

Hoxe día 14 de maio publícase a listaxe definitiva de admitidos e non admitidos das escolas do CRA Ponte da Pedra para o curso 2018-19.

As persoas interesadas poderán interpoñer un recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte da publicación das mesmas (art. 32.1 da Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.)

*Lembrar que o prazo de formalización de matrícula é do 20 ao 30 de xuño.

Imaxe de Jesus

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS PARA O CURSO 2019-20

Publícase a listaxe provisional de admitidos e non-admitidos das escolas do CRA Ponte da Pedra.


Esta listaxe é provisional, habendo 5 días hábiles para poder reclamar ante a dirección do centro.

Resoltas as reclamacións tras ese prazo, publicaranse as listaxes definitivas de admitidos e non-admitidos o 15 de maio, contra as que cabe un recurso de alzada ante o Xefe Territorial de A Coruña no prazo dun mes.

Imaxe de Jesus

INFORMACIÓN PROCESO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA PARA O CURSO 2019/2020

 · Calendario :

 Prazo Presentación Solicitudes de Admisión:Do 1 ao 20 de Marzo as 14:00h.(Entregar na secretaría da sede (// Anexo II , ou na aplicación online(2.2.2) , ou na Sede Electrónica // + libro de familia ou DNI do alumno/a, así como certificado de escolarización e convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso) .

 Prazo Presentación Documentación Xustificativa: Do 25 Marzo ao de 5 Abril as 14:00h.(cando a demanda de prazas sexa superior á oferta deberase presentar documentación: padrón, ...)

 Publicación listas provisionais de admitidos e non-admitidos: Antes do 25 de abril Prazo reclamación: 5 días hábiles a partir do día seguinte a súa publicación. 

 Publicación listas definitivas de admitidos e non-admitidos: Antes do 15 de maio Prazo de reclamación: un mes a partir do día seguinte a publicación deberá presentar recurso de alzada ante a xefatura territorial.

 Formalización de Matrícula: Do 20 ao 30 de xuño (presentación do anexo III)

No seguinte vínculo +INFORMACIÓN

Distribuir contido


by Dr. Radut