Skip to Content

Horto

Imaxe de Emilia

Sementar...sementarei...

No primeiro trimestre chegounos un proxecto da Comunidade Europea sobre cultivo de hortos escolares, hábitos alimenticios e boas practicas na agricultura.Coincidiu tamén que unha das nosas familias, agasallou a escola cun conxunto de sementes variadas, polo que xa era tempo de comezar.

Iniciamonos de xeito autodidacta, e pola nosa conta e risco, pero tivemos a sorte que o noso experto en hortos votounos unha man e regalounos parte dos seus consellos! Moitas grazas a todos!!

 

Imaxe de MaríaLopez

Horto Escolar

Un maior contacto co entorno natural non só lle vai aportar ás nosas nenas e nenos maior coñecemento sobre o medio no que viven, senón que é a maneira máis efectiva para que aprendan a respetalo e coidalo.

De todos é ben  coñecido o entorno natural que rodea a nosa escola e que nos permite descubrir infinidade de cousas a través da observación e da exploración; pero ademais deste enorme potencial natural co que contamos hai que unirlle o espazo adicado ao Horto, un espazo organizado para traballar como labregas e labregos. Como ben sabedes estes últimos dous anos lévase a cabo na escola un programa de Horto Escolar por parte do Concello de Carballo e coordinado por Manuel Anxo Pardiñas. Quincenalmente imos levar a cabo actividades de plantación, regadío, coidado... que, en función do tempo metereolóxio e do noso traballo, ao final do curso recolleremos para poñelos á venta na Pequefeira.

 

Imaxe de Emilia

HORTO 2

O luns 26 de novembro volveu o noso experto en hortos a darnos as seguintes indicacións. Plantamos repolos e cebolas, imos ver como vai esta colleita!

 

 

Imaxe de Sandra

ARAÑANDO A TERRA- HORTO ESCOLAR CANCES

HORTO ESCOLAR

O pasado luns tivemos o primerio encontro deste curso escolar con Manuel Anxo, empezamos a quitar as herbas do bancal, e aínda nos quedaron unhas cuantas para o próximo día que veña que será o 3 de decembro.

 

 

GRAZAS MANUEL ANXO POR ENSINARNOS TANTO !

Imaxe de teresa

HORTO ECOLÓXICO ESCOLAR

Manuel Anxo regresou á escola con ánimos renovados ante a nova temporada de horto. Neste curso a intención é levar a cabo dous hortos: un de aromáticas e outro de produtos de horta. Estivemos observando e planificando o que plantar no horto de aromáticas e que traballos tiñamos que realizar previamente.

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut