Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Xullo 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Horto

Imaxe de teresa

HORTO

As actividades que levamos feitas no horto consistiron no traballo na zona de herbas aromáticas e nos bancais do horto.

Na zona da escola destinada ao horto, plantamos fresas e allos. Estamos agardando a que os tulipáns florezan.

 

 

No horto, despois de preparar o terreo, plantamos leitugas e recollemos remolachas do ano anterior.

Imaxe de Emilia

COLLEITAMOS E SEMENTAMOS PARA O VINDEIRO CURSO.

Tras o roubo sufrido na nosa escola, lexos de quedarnos sen facer nada decidimos aproveitar a ocasión e sementar para o vindeiro curso. Tamén tivemos a sorte de disfrutar dos primeiros froitos da nosa horta (amorodos). 

Imaxe de Emilia

HORTO 4

Continuamos co noso cultivo ecolóxico. Grazas Manuel Anxo!

 

Imaxe de teresa

HORTO EN SÍSAMO

Uns días antes das vacacións de Semana Santa, nun dos bancais que quedaban libres, plantamos acelgas, espinacas e leitugas.

 

 

 

Ademais, comprobamos como medrara a colleita que xa estaba no horto.

 

 

Ao luns seguinte, Manuel Anxo tróuxonos novas tarefas. Namentres os de infantil, sementaban raviños; os de primaria, cuitaban a terra arredor das plantas con esterco de galiña. 

 

 

 

Para rematar a xornada, revisamos como avanzaba o noso horto de aromáticas. Comprobamos que as plantas dos amorodos crecían sen problema; tamén, algunha das estaquiñas de romeu que plantamos xa estaba presa.

 

 

 

Desta volta aumentamos as plantas do bancal de aromáticas: nesta ocasión, cunha groselleira.

 

 

 

 

 

 

 

Imaxe de teresa

ENRAIZANTE DE LENTELLAS

Ao longo desta semana, preparamo un pouco de enraizante de lentellas. Aproveitando que no programa da Tvg "Polo rego" facían este produto, quixemos elaborar a receita na aula. Para iso, puxemos a remollo as lentellas durante 48h. Pasado este tempo, separamos as lentellas da auga e agardamos 12h máis. Finalmente, trituramos as lentellas coa auga apartada e tivemos preparada o noso enraizante, que antes de usar temos que rebaixar con auga: unha proporción de 1 parte por 10 de auga.

Soamente nos queda probalo, a ver cal é a eficacia...

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut