A semana pasada apareceu nas aulas do CRA unha misteriosa caixa con diferentes pezas (caixas, pinas, corcho, noces, mazorcas,...) acompañada dunha nota. Tratábase dunha misión para as nenas e nenos con motivo do Samaín.
O monstro rosa mandounos un video pedíndonos axuda urxentemente, os seus amiguiños tiveron un accidente e quedaron reducidos a pezas, que eran as que estaban na caixa. A nosa misión foi contruir aos seus amigos, os monstros antes de que fora tarde. Os nenos e nenas non perderon nin un minuto e construiron os monstros cun resultado espectacular como podedes ver no video.
Son uns auténticos artistas!!