No primeiro trimestre chegounos un proxecto da Comunidade Europea sobre cultivo de hortos escolares, hábitos alimenticios e boas practicas na agricultura.Coincidiu tamén que unha das nosas familias, agasallou a escola cun conxunto de sementes variadas, polo que xa era tempo de comezar.
Iniciamonos de xeito autodidacta, e pola nosa conta e risco, pero tivemos a sorte que o noso experto en hortos votounos unha man e regalounos parte dos seus consellos! Moitas grazas a todos!!