Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Xaneiro 2021 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

FELICITACIÓN DE NADAL

Imaxe de teresa

Este ano estraño, que case toca ao seu fin, sacou o mellor de nós para afrontar unha situación inédita e inesperada que trastocou as nosas vidas dando lugar a unha "nova normalidade" que cada familia vive e sente de maneira diferente.

En todo momento a comunidade educativa tivo unha actitude exemplar, respectando as normas establecidas no centro e sendo responsables coa propia saúde así como coa dos demais. Desde o claustro do C.R.A. Ponte da Pedra queremos agradecervos a vosa colaboración, implicación e comprensión nas diferentes situacións e escenarios que vivimos ao longo destes meses. 

Este centro funciona gracias ao apoio que recibimos por parte de toda a comunidade educativa que fai que os piares que o sustentan se fagan realidade. 

Xa que este ano perdemos de desfrutar do festival de nadal, traémosvos os nosos mellores desexos de prosperidade nestes traballos que con moita ilusión fixeron os verdadeiros protagonistas das escolas: as nenas e nenos do C.R.A. Ponte da Pedra. 

BOAS FESTAS E FELIZ ANINOVO 2021! 

 

 

BUSCANDO UNHA ESTRELA

 

 

 DESEXOS DE NADAL

 

 



page | by Dr. Radut