Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Marzo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

ADMISIÓN DE ALUMNADO

Imaxe de teresa

Segundo a RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020 (DOGA NÚM.86 mércores 6 de maio de 2020) restablécese o prazo de admisión para o alumnado de 2º ciclo de Infantil e Primaria, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma.

Os novos prazos establecidos son os que se detallan a continuación:

PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES: do 11 ao 18 de maio de 2020.

O horario de presentación será de 10 a 13h na sede do C.R.A. Ponte da Pedra.

Entregar na secretaría da sede (// Anexo II , ou na aplicación online(2.2.2) , ou na Sede Electrónica// + libro de familia ou DNI do alumno/a, así como certificado de escolarización e convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso) .

DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA BAREMO: ata o 26 de maio.

LISTAXES PROVISIONAIS: antes do 9 de xuño.

LISTAXES DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS: ata o 26 de xuño.

FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA: do 1 ao 10 de xullo.


AdxuntoTamaño
AnuncioG0244-050520-1_gl educación.pdf219.39 KB
AnuncioG0244-050520-1_gl.pdf699.34 KB


page | by Dr. Radut