Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Agosto 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

O HÁBITO DE DETER A MIRADA- CADERNO DE BITÁCORA

Imaxe de Sandra

Rosalía e as mimosas

A nosa persoeira Rosalía de Castro agasallóunos cunhas mimosas, as cales podemos empezar a observar na natureza que nos rodea.

Con elas traballamos o HÁBITO DE DETER A MIRADA ( forma parte do noso Caderno de Bitácora que comezamos a comezo de curso na Escola de Cances), e que nos permitirá ter miradas activas cheas de detalles sinxelos.

Con este hábito o que pretendemos é facer fincapé en:

-Seguir coñecendo todo o que nos rodea nas nosas vidas.

-Enfatizar no próximo a nós.

-Traballar os procesos psicolóxicos básicos como a atención, percepción ( sensación), memoria, concentración, aprendizaxe, linguaxe ( expresión e comprensión), pensamento, motivación, emoción... e que estes non axuden a non quedarnos con simples imaxes que percibimos no día a día.

-Os detalles das cousas sinxelas.

-O agarimo do simple.

 

 

 

SEGUIREMOS OBSERVANDO CON OLLOS MIÚDOS O SINXELO.

 



blog | by Dr. Radut