Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Marzo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

blogue de : teresa

Imaxe de teresa

ACTUACIÓN NO XERIÁTRICO

Uns días antes do festival de Nadal, as nenas e nenos de Sísamo tiñamos unha encomenda  especial: visitar o xeriátrico de San Cristovo no que actuamos en primicia co noso baile "En estas navidades quiero bailar" e agasallalos con dúas cancións de Nadal:"Rodolfo, el reno""Buscando unha estrela".Para achegarnos ao lugar da actuación, fomos dando un fermoso paseo no que nos acompañaron o profe Jesús e a profe María, ademais da axuda de Protección Civil de Carballo que velaron porque o transcurso da camiñata fose segura. A experiencia foi enriquecedora, compartimos ilusión e ledicia cos nosos maiores e na que nos recibiron con moito agarimo.

Moitas grazas ao xeriátrico por tan boa acollida!!

No seguinte adxunto hai un pequeno resumo do que foi a actividade. Agardamos que vos guste.

Imaxe de teresa

SÍSAMO E AS GALLETAS

Hai unhas semanas fixemos galletas de manteiga. Nunha xornada fixemos a manteiga a partir de bater nata e logo, con ela, fixemos galletas.

Cando a masa estivo feita, démoslle forma ás nosas galletas a través de moldes ou das propias mans.

Foi unha experiencia moi divertida e saborosa.

Neste vídeo amósase un resumo do que foron as dúas xornadas.

Desfrutádeo.

Imaxe de teresa

ANIVERSARIOS E FESTA DE FIN DE CURSO...

O xoves 22 de xuño celebramos os aniversarios das nenas e nenos que cumpriron anos ao longo deste trimestre e de aquelas e aqueles que o farán no verán. Tamén aproveitamos para festexar o final de curso e o inicio das ansiadas e merecidas vacacións logo dun curso tan intenso...

Felicidades aos que cumpriron anos e aos que os van cumprir!!!! 

Felices vacacións...

Imaxe de teresa

VISITA DOS FORESTAIS A SÍSAMO

O pasado 7 de xuño recibimos a visita dos forestais. Contáronnos moitas curiosidades do seu traballo e falamos das especies animais e vexetais que viven nos montes galegos. Plantamos landras para ver como medran os carballos e agasalláronnos con un bidueiro que dará sombra no patio nos días de verán e deixará pasar o sol nos recreos do inverno. Tamén subimos ao seu camión e suxeitamos a mangueira do mesmo xeito que fan elas e eles cando se enfrontan co lume.

Moitas grazas por sacar un ratiño para virnos ensinar e aprendernos unha parte do voso traballo.

Distribuir contido

by Dr. Radut