Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Abril 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

blogue de : Jacqueline

Imaxe de Jacqueline

ANIVERSARIOS VERÁN

Nesta última semana de cole celebramos os aniversarios das nenas e nenos que cumpren en verán: Vera, Julia e Yago. Ademais, tivemos moita sorte porque os protagonistas do día agasalláronnos cuns bizcochos e galletas deliciosos!! Moitas grazas!

Parabéns!!!

Imaxe de Jacqueline

PARABÉNS CLAUDIA

Neste mes de maio celebramos o aniversario de Claudia que xa cumpriu 5 aniños e trouxo unha tarta super chula de Minnie que estaba boísima!! Parabéns, Claudia!!!

Imaxe de Jacqueline

LETRAS GALEGAS

Ola a todos e todas!!

Como xa sabedes, o pasado 16 de maio celebramos o día das Letras Galegas en Berdillo xunto cos todos os nenos e nenas das outras escolas do CRA. Pasámolo moi ben desfrutando da música en galego de Pablo Díaz e tomando uns churros con chocolate na hora do aperitivo. Ademais, para finalizar a xornada os pequenos e pequenas puideron gozar dun tempo de libre expansión con diferentes tipos de xogos tradicionais e elementos naturais. 

 

 

 

 

Imaxe de Jacqueline

LIBRO SOBRE OS VEHÍCULOS

Ola a todos e todas!

Xa hai unhas semanas que comezamos un proxecto novo na aula. Esta vez, como sabedes, estamos a investigar sobre os Dragóns. Pero antes de comezar este novo proxecto, estivemos aprendendo cousas sobre os vehículos. Toda a información recopilada forma parte agora dun libro que podemos consultar sempre que queiramos na nosa biblioteca de aula. Déixovos o libro adxunto por se queredes botarlle unha ollada.

Imaxe de Jacqueline

VISITA DA POLICÍA

Esta semana tivemos unha visita na aula que lles fixo moita ilusión as pequenos e pequenas, pois veu a Policía Local a contarnos como desenvolven o seu traballo e darnos consellos sobre seguridade vial como usar casco e chaleco reflectante, respectar os semáforos e sinais de tráfico, usar o cinturón no coche... 

E aínda que ese día chovía tivemos sorte, pois parou un pouquiño e aproveitamos para saír ao patio a ver o coche da policía. Foi moi emocionante escoitar a alarma, falar polo altavoz, ver as luces...

  

Distribuir contido


by Dr. Radut