Skip to Content

COMENTARIOS

CALENDARIO

« Abril 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
2930

PRÓXIMAMENTE

  • No upcoming events available

Artigos

Imaxe de AnaFernandez

MAGOSTO

 

O venres pasado celebramos un magosto terrorífico en cada unha das aulas do colexio.

Pasamos unha maña diferente e divertida construindo zonchos, vendo o conto de Carabuñas realizado polos nenos e nenas, merendando unhas deliciosas galletas monstruosos para cargarnos de enerxía e realizar uns divertidisimos xogos populares como carreiras de mazarocas, circuítos de castañas, a mariola, encesta castaña, torres e figuras con mazarocas, os bolos...

E finalizamos a maña escribindo, debuxando e queimando os nosos medos co fin de aprender a convivir con eles. Algúns tamén aproveitaron para xogar coa cinza pasando un bo ratiño.

 

Imaxe de AnaFernandez

SAMAÍN CON CARABUÑAS

 

Este ano para celebrar o SAMAÍN contamos o conto de Carabuñas entre todas as escolas do CRA.

Non vos perdades o resultado final no seguinte vídeo!!!

Nenas e nenos sodes uns artistas, grazas ao voso traballo en equipo quedou un conto terrorificamente fermoso!!! Parabéns!!!

FELIZ SAMAÍN A TODAS E TODOS!!!

  

Imaxe de AnaFernandez

HOMENAXE RICARDO CARBALLO CALERO

 

Para celebrar a semana das Letras Galegas e coñecer a Ricardo Carballo fixemos actividades moi variadas vídeo conto, obradoiros, xogos populares, concerto, caricaturas...

Aquí deixámosvos un pequeno vídeo dalgunhas delas, esperamos que vos gusten!!

Pinchade na imaxe para ver o vídeo.

Imaxe de AnaFernandez

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2020

Chegou o día do Festival das Letras Galegas!!!

Pinchade na caricatura de Ricardo Carballo Calero e gozade do festival na casa.

Pasádeo moi ben cantando, bailando, rindo, xogando...!!!

Imaxe de AnaFernandez

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

Atención atención!!!! Maña celebramos o Festival das Letras Galegas desde as nosas casiñas!!

Primeiro teremos un marabilloso concerto para non deixar de bailar e cantar.

A continuación un sinxelo obradoiro de construción de xoguetes.

E para rematar uns xogos populares e tradicionais con eses xoguetes. 

Non volo podedes perder!!!



by Dr. Radut