Skip to Content

Artigos

Imaxe de Jesus

Felicitación de Nadal 2018

Imaxe de Jesus

Gañador do concurso on-line de manualidades de Samaín 2018

Tras unha votación moi igualada, o 31 de outubro entregouse o premio a un alumno da escola de Xoane, tras gañar o concurso con 2371 votos.

Parabéns a tódolos participantes e especialmente ao gañador.

Imaxe de Jesus

Magosto 2018

O 31 de outubro celebramos a tradicional festa do Magosto na escola de Cances , con diferentes xogos, unhas saborosas castañas asadas, unha queima de medos, e a entrega de premios do concurso on-line de manualidades que gañou un alumno da escola de Xoane.

Pasámolo xenial como podedes ver nas seguintes fotos.

Imaxe de Jesus

Concurso on-line manualidades de Samaín 2018

De entre todas as manualidades que os alumnos e alumnas fixeron, cada aula escolleu unha para a votación on-line.

Convidámosvos a participar no concurso on-line manualidades de Samaín 2018 a través do seguinte enlace:

https://www.tuvotacion.com/concurso-on-line-manualidades-de-saman-2018

Parabéns a todos e todas as participantes, moita sorte e moitos sustos.

Imaxe de AnaFernandez

INVESTIGANDO SOBRE DIFERENTES MONSTROS

Xa chega o Samaín... e este ano os nenos e nenas das diferentes escolas fixeron unha pequena investigación sobre diferentes monstros: o trasno galego, a familia Adams, o Yeti, Shrek, o Sacauntos, Frankenstein, o Home Lobo, o monstro do lago Ness e as catrinas.

Despois gravaron un pequeno video para que todos os compañeiros e compañeiras das demais escolas coñezan os diferentes monstros.

O resultado foi espectacular e terrorífico!!!

 

 



by Dr. Radut